martes, 3 de marzo de 2009

Obradoiro de Queixo en Arzúa

Queixo Arzua-Ulloa (de campeonato) da Queixería Arquesán
3-Marzo-2009
Este sábado que ven imos ter a sorte de poder participar nun
obradoiro de preparación de queixo (Arzúa-Ulloa) coma anticipo á (xa ben famosa) Festa do Queixo de Arzúa. Eu teño ben ganas de participar, porque é unha ocasión única para coñecer coma se prepara este tipo de queixo (e ver se son quen de non facelo mal de todo).

Un agradecemento a Marina, Ramón e Rodrigo por ter organizado todo.

Ademáis de queixo a visita a Touro vai server para poder botar unha ollada e (se hai ocasión, e hai para todos) un dente ás Beringelas en Escabeche (que é prato que sempre me gustou un rato, e que agora podo facer xa que hai un video ben instructivo).



9-Marzo-2009
Pois hei de dicir que o obradoiro foi moi entretido, e moi instructivo. Coido que unha actividade interesantísima. Para empezar un agradecemento ós organizadores: Marina, Ramón e Rodrigo (sí, é o mesmo link que enriba, pero é que so lle coñezo páxina web a Rodrigo: ¡¡Por Mis Fogones!!). Espero que a eles tamén lles parecera un éxito e sigan adiante con este tipo de actividades.

Agradecemento extensisimo, con todo tipo de louvanzas para Nino, Consuelo, e toda a súa familia (porque a todos amolamos un pouco). Ainda que espero que pasasen un bó sábado. ¡¡Canta amabilidade para nos acoller a uns completos descoñecidos!! Tamén agradecementos miles a todos os outros asistentes que non eran específicamente blogastrónomos (blogastrónomos somos todos).

Para aqueles con curiosidade do que sucedeu en Murgás:

Taller de elaboración de quesos

Taller de elaboración de quesos: cuajando leche y filosofía

Obradoiro de Queso de Arzúa-Ulloa.

E podedes ir seguindo os sucesos da xornada conforme vaian aparecendo videos en Por Mis Fogones:
(Máis que seguiran aparecendo, seguide visitando a páxina)

5 comentarios:

Rodrigo dijo...

Oh, oh, oh... tenho medo escénico! Pablo, o que vai gravar o obradoiro, é um cámara argentino e foi a súa mulher quem me falou das beringelas... e tu também as conheces? não tenho nem ideia de como vão sair, que eu não tenho referências :(

Espero que o passemos todos bem este sábado.

Até dentro de nada!

xmanoel dijo...

Eu estaba a pensar en Beringelas de Almagro, máis despois de ler sobre a maneira de prepararlas en Almagro e o video que puxeches ¡non teñen moito que ver! Así que ainda terei máis curiosidade.

Rodrigo dijo...

ummm... beringelas de Almagro. Quantas lembranças!

respeito às que vão em escabeche... temos a Pablo, para comparar o resultado.

Ah! por certo, muitas gracias por este post.

Um saúdo.

xmanoel dijo...

Non des gracias. É importante o de dar promoción ó obradoiro. Ainda máis, porque hai sitio para que acuda algún máis. Así que hai que tentar que a nova espalle por todos lados, para que se enteire todo o mundo.

Cariño dijo...

Da gusto navegar por aquí e ler os teus comentarios. Un saludiño.