jueves, 9 de abril de 2009

Grelos à Paris

Mecachis, o título xa di demasiado do que vou contar aquí. Así que serei breve no relato (¿serei capaz de ser breve?). Non hai fotos nen nada (deixei a cámara olvidada detrás). A historia comenza mentras eu paseaba polo barrio parisino de Le Kremlin - Bicêtre na periferia de París (nome evocador e curioso onde os haxa para unha localidade francesa, combinación da deformación de 'Winchester' e dunha antiga taberna chamada 'Au sergent du Kremlin'). Un barrio, que como moitos da periferia parisina semella ser maioritariamente magrebí. Pois xusto o domingo era día de mercado, e mentras paseaba polos diferentes postos: pratos preparados asiáticos, cuscús para levar, charcutería e choucrute, frutas e verduras, polos, carne,... Topei cun pequeno tenderete no que vendían algo que parecían talmente grelos. Non so o parecían se non que tiñan un cartel moi claro onde aparecía escrito grelos. Tiñan ben uns 40 kilos de grelos (malo sinal, porque quería dicir que non venderan moito). Deume pena non ter tempo a parar e preguntar se os cultivaron en Francia, se os trouxeron de Galicia ou Portugal, se os señores que os vendían eran Portugueses ou Galegos,... Pero aquí queda coma curiosidade que no mercado de París (no mercado máis perdido de París, neste caso) se pode mercar de todo: ¡ata grelos!

3 comentarios:

nena dijo...

Hola,encantada.
Encontré por casualidad este blog,fui a Tabarba Doña Maria Luisa.Me enncantó.
Gracias.

Miguel Vila (Colineta) dijo...

En octubre de 2000 encontré grelos en un mercadillo callejero de frutas y verduras situado al pie de las Torres Gemelas, en Nueva York. Un rato antes los habñia visto, cocinados, en el autoservicio donde habíamos comido, justo frente a la Bolsa de NY.

xmanoel dijo...

Muchas gracias por la Información Miguel, tal como comentas no debe ser imposible encontrar grelos por ahí fuera (gallegos y portugueses hay en París y New York). Lo que si me llama la atención es que hayas visto grelos cocinados. ¿En un autoservicio? ¿Como era ese autoservicio? He quedado con una curiosidad enorme.