domingo, 7 de marzo de 2010

Restaurante Minho Verde (Arcos de Valdevez)

Este sábado tiven unha visita fugaz a Arcos de Valdevez, que non tiña sequeira moi claro por onde quedaba (sabía que non debía quedar moi lonxe da fronteira porque aparecía sinalado nos cruces, pero non sabía que quedaba pegado á Baixa Limia). Decidín mirar a ver que recomendaban para cenar alí:

E chamoume a atención esto:
Tendo serviço de snack-bar, justifica atenção devido à cozinha de grande nível que apresenta....

Restaurante Minho Verde, Arcos de Valdevez.

E a verdade estivo moi ben, sinxelo, rápido e ademáis estaba xusto ó lado da Casa das Artes (que é o lugar onde se fan concertos no concello, por eso teñen na parede CD's adicados de todas as bandas portuguesas que coñezo: dende Mau Morta a GNR pasando por Clã).

A segunda cousa é que tiven a casualidade de que fose a xornada gastronómica de exaltación da carne de Cachena da Peneda e do Feijão Tarrestre.

Posta de Cachena da PenedaArroz con Feixón de Tarrena

Por certo que a carne estaba cortada co que chaman en Portugal posta, que me gosta moito. Pois a cena (que foi moi contundente) consitiu en esto e logo de sobremesa, unha torta de capas (amendoa, e xema de ovo).



Cena Lixeiriña. En resumo, todo o de enriba, máis un viño verde tinto, máis un café, máis petiscos, 19€. Un pouco careiro, pero non teño queixa. Ben entendín mal, pero no restaurante non ofrecen medias doses. Así que recomendo ir a pares, porque entón
si que se economiza.


Unha cousa que me chamou a atención é que nos petiscos (que me cobraron no menú, coma fan en Portugal) había un chourizo curioso. Era todo febra. Por momentos non sabía se sería lomo, pero se cadra podería ser lingua de porco. Estando coma está Arcos de Valdevez a uns kilómetros da fronteira. ¿Alguén da Baixa Limia da recoñecido se hai algo parecido do seu lado?





Ver Laconada en un mapa más grande

No hay comentarios: