domingo, 23 de enero de 2011

Francesinhas en Vigo

Un dos temas que máis interés desperta de Laconada é o tema das francesinhas. E un dos post que máis gusta á xente é este no que aviso que hai un sitio en Vigo onde fan Francesinha. Coma Dorian pechou, quedamos sen Francesinha na Porta do sol.

Pero grandes noticias ós Francesinhófilos:

No Bar Fontefría, no Berbés anuncian Francesiñas a 7.50€.

Non poiden parar a pedir unha, pero ... cando poda tento ir. Francesinhófilos vigueses, quedamos e facemos unha visita?


Ver mapa más grande


[Manteño tamén a versión histórica do post]


Isto non é nengunha novidade pois xa levo uns 4 ou 5 anos sabendo que en Vigo (na Porta do Sol, máis centrico) podense tomar francesinhas na Cafetería/Panadería Dorian. Finalmente onte me animei a tomar a miña primeira francesinha viguesa: de aspecto é un pouco diferente, non ten linguiça - a cambio de eso engadironlle bacon. Ah, e leva un ovo frito (curioso que nunca tomara ainda unha francesinha con ovo) Eso sí, ven con molho, e está bastante conseguido - non é demasiado picante para os curiosos. Custa 9€ (francesinha con molho e patacas). Ta ben, algúnha que outra vez repetirei.


Ver Laconada en un mapa más grande

2 comentarios:

Ana Duran dijo...

Vaia! Venho de ter unha revelacion coa tua experiencia de francesinha en Vigo! Dende a primeira francesinha que puxeches no blog tinhame moi fascinada o principio desde bocadillo. Pero como demos se lles ocurrira aos portugeses un bocado tan forte? (as fotos do bocata chorreando xa non sei si de queixo ou de salsa son bastante impresionantes) Porque se chama francesinha?
Redemo, e un CROQUE MONSIEUR! Portugal fixo unha revision deste tipico bocata de brasserie parisina! Por iso se chama Frances! E mais exactamente un Croque Monsieur cun ovo fritido convirtese automaticamente nun CROQUE MADAME, claro, Francesinha.
Ti decataraste desto xa, non? Aposto a que nos bares de Portugal que comeches Francesinha, os propietarios eran retornados de PAris?

xmanoel dijo...

Pois claro que sí: é a versión portuguesa do Croque Madame/Monsieur.

E por suposto, todo comenzou cun inmigrante retornado: o dono do Restaurante a Regaleira de Porto.

O toque Portugués foi facelo moi grande, meterlle moita carne (xamón, chourizo, salchicas, filete de tenreira), e a salsa picante de cervexa, ... E queda feito unha animalada.