sábado, 14 de mayo de 2011

La comidilla & Baraka: bistrós no casco vello

O casco vello ten agora moitas opcións para comer: taperías, creperías, pizzerías, restaurantes tradicionais de cociña mariñeira,.... A min góstanme especialmente dúas opcións: La Comidilla e o Baraka. Teñen un enfoque un pouco diferente que os fai moi agradables para ir comer cos amigos.

Eu vounos calificar coma bistrós multiculturais: o de bistrós, porque o menú está escrito con xiz nas paredes, xogan ca combinación de primeiros, segundos e postre (e non están enfocados a racións de tapeo: eu, contrariamente ó que parece ser o habitual aquí no país, non gosto moito da cena-tapeo: prefiro escoller o meu plato e comer e xa está).

E o multiculturalismo, é porque estes dous sitios teñen no seu menú moitos pratos con toques exóticos: especialmente no caso do Baraka (con moitas influencias mexicanas, árabes, indias e tailandesas). La Comidilla é máis ben de querencias americanas (brasileñas, mexicanas e caribeñas).

  • La Comidilla. Un pequeno restaurante xusto ó lado da colexiata. Non lles fai falta sequeira que eu os recomende, porque teñen xa unha clientela fiel. Eu destacaría dous platazos que fan fantásticamente: unhas coxinhas de polo e unha crema de queixo con reducción de licor café que mete medo. (De feito eu teño teima de pasar por alí e pedir só a crema coma vicio goloso)
  • Baraka. Ten unha vocación máis exótica (de feito, cando din que o prato pica, pica de verdade). Eu neste caso quedei moi impresionado cas súas tostadas con chipotle (tostadas ó estilo mexicano, que son diferentes ó que nos pensamos) e tamén estaba moi ben logrado o arroz con curry vermello (curry no sentido tailandés/malaio). (Baraka ten un menú bastante cambiante así que non sei se estes pratos seguen presentes).

En tódolos casos estamos falando de dous lugares con boa comida, cun toque moderno, un ambiente sinxelo e acolledor. Os pratos andan entre 8€-12€ co que é posible cenar por menos de 20€ (e pegarse unha enchenta por máis, claro está).

Bueno,a recomendación xa está feita.

No hay comentarios: