domingo, 12 de junio de 2011

Casa Solla (The Return)

Casa Solla é un de estes restaurantes que cando saes, quedas pensando en cando vai ser a próxima vez que has voltar. E eu (entre uns choios e outros) tardei máis de 3 anos en retornar. Pero neste caso, non por máis tempo que pase a experiencia é millor: a experiencia é millor sempre. En Casa Solla ademáis de comer fantásticamente, tratante coma Dios. E ademáis ir polo mediodía e disfrutar da comida ca luz natural do ventanal é doblemente fantástico.

Esta vez vou tentar non escribir moito porque xa tardei unha chea de tempo de andar subindo e preparando as fotos. Farei o mellor que poda. Para mellores fotos: Pantagurel Supongo, Casa Solla una vez más. (E proximamente alguén - Manolo ou Makeijan - describirano con máis xeito ca min).

Entrantes / Petiscos


Segundo comentou Pepe Solla, pois estes entrantes son ofrecidos con calqueira menú (coido que incluso cando se solicita carta): evidentemente, supoño que van variando ca tempada. Nos poidemos tomar os seguintes pratos acompañados cunha gloria de viño: un champagne André Clouet Gran Crú.
pan con aceite

pan con aceite


mojito helado

mojito helado


cebollitas encurtidas

cebollitas encurtidas


ceviche pez mantequilla y nori / niguiri crujiente de cabracho

ceviche pez mantequilla y nori / niguiri crujiente de cabracho


croqueta 'cremosa' de mejillón

croqueta 'cremosa' de mejillón



peixes e mariscos


Logo entramos cuns platos que tiñan todos o sabor natural do mar, pero con pequenos toques e sorpresas que facían todo parecer que nunca tomaras nada igual. (Neste caso o acompañamente do viño foi un Riesling - Fritz Haag Grand Cru 08)
navaja y trigueros con fondo citrico

navaja y trigueros con fondo citrico


bolon%25CC%2583esa de calamar_2

boloñesa de calamar


Mujel marinado con tomate y Guacamole

Mujel marinado con tomate y Guacamole


(Si, o de que parecía que nunca o tivesemos probado vai tanto polo da boloñesa de calamara - non é pasta, é calamar, e está tenrísimo. Ou tamén podería ir polo muxo: non é ese peixe que vive pegado ós portos, este é o seu parente que vive nas rochas. E ten unha carne boísima. ¡Quen diria que o muxo estivese tan bó!)

¡patacas!


Que sería da cociña galega se non houbera un prato con patacas. Aquí pepe ten unha versión moi encantadora dun prato tradicional: tanto un puré ca súa pel de pataca crocante, coma uns mini cachelos e logo unha milfolla de patacas. (Coido que neste momento xa estábamos disfrutando dun Rías Baixas - Contraaparede 05: por certo, canto máis tempo se deixa a un Albariño na botella, máis intenso se torna a súa cor, e un Albariño non ten caducidade, pode mellorar eternamente - cousas que aprendín ese día, que un sempre aprende algo de viño)
patatas a la gallega

patatas a la gallega



pratos históricos


tortilla de camarones (homenaje a los 30 años)
los camarones cabezones

los camarones cabezones

tortilla de camarones: la tortilla

la tortilla

tortilla de camarones: un ojo que nos observa

un ojo que nos observa

tortilla de camarones: ñam ñam

ñam, ñam


Tirei moitas fotos deste prato, porque no momento da comida, din en pensar que en moitos casos (coma neste) se non tiras a foto do prato remexido, non se sabe o que hai: inicialmente parece máis unha crema catalana. Iste prato é un tributo, lembranza ós primeiros anos de Casa Solla. (Por certo, que isto é un plato diferente ás tortillas de camarones andaluzas, que é un plato que non leva ovo, e que son máis ben uns rebozados con camaróns - cousa que eu non sabía, sempre escoitara falar de este plato andaluz, pero pensaba que eso, que era unha tortilla con camaróns dentro).

Merluza con guisantes lágrima, su pilpil y jugo de jamon

Merluza con guisantes lágrima, su pilpil y jugo de jamon


E este é outro plato histórico: aquí en Galicia hai unha competición de nivel altísimo por ver quen fai a mellor merluza do mundo, e coido que Solla vai dos primeiros, se non o primeiro. Menuda merluza. Ademáis puiden probar os famosos e sofisticadísimos 'guisantes lágrima' ou chícharos bágoa.

Bogavante con espinacas, garganzos y su caldo

Bogavante con espinacas, garganzos y su caldo


Lubrigante con garbanzos (e con caldo de xamón)? Pois ainda que non o pareza é unha combinación boísima. Este Pepe non arreda ante nada. Así que temos outro prato fantástico. (Neste momento xa estabamos disfrutando dun Chablis, Jean Claude Bassin 07 - que grande viño o Chablis, e non vos poñades patrioteros!!)

carne!!


Fai uns cantos días estiven eu comentando por algures, que levaba moito tempo sen tomar un bó steak tartar. Pois foi casualidade, pero un dos pratos que ofrece Casa Solla no seu menú longo é xustamente un tartar: tartar con 3 tipos de mostaza. (A mostaza con trufa é todo un achádego: ambos sabores tan fortes combinan moi ben). Aquí van fotos das 3 combinacións:
Tartar solomill - Mostaza a la antigua

Tartar solomill - Mostaza a la antigua


Tartar de solomillo - Mermelada con violeta

Tartar de solomillo - Mermelada con violeta


tartar de solomillo - mostaza con trufa

tartar de solomillo - mostaza con trufa


Esto o acompañamos cun fantástico viño tinto galego: o Sousón do 2007 da zona de Monterrei. (Grandísimo viño, hai que comenzar a tomarse moi en serio estes viños de Verín)

postres e doces


Antes do postre, encantoume que en Casa Solla incluiron un prato de queixo (e doce). Neste caso é queixo da terra (ben cremoso, na súa temperatura, case desfreito) con doce de marmelo e configtura de kiwi. Que bóa maneira de comezar o postre.
queso del pais con dulces

queso del pais con dulces


piña colada

piña colada


Alter Eight en Blanco

Alter Eight en Blanco


Torrija al Caramelo

Torrija al Caramelo


Estes doces acompañamolo con delicioso viño doce alemán: Burklin Wolf Rechbachel do 98.

café


E acompañando o café, unha gran variedade de pequenos bombóns e pasteis chocolateados
Los chocolates

Los chocolates



Todo esto que vichedes en fotos é o que actualmente forma parte do menú gastronómico de Casa Solla. (Ou dito en outras palabras, o menú longo). Existe tamén o menú degustación un pouco máis curto. E por suposto a opción de carta. (Quero indicar, que o menú longo non me parece excesivo para un xantar, para unha cea coido que dependendo dos vosos hábitos. Pensade que se ben son moitos pratos - pero moitos, se cadra polas opcións de cociñado e a lixeireza das preparacións de Pepe, tomanse moi ben (na miña humilde opinión).

Os meus favoritos desta visita:
  • Merluza con chícharos bágoa (menuda man que hai nesta merluza)
  • Eses divertidos calamares boloñese coma se fosen pasta italiana
  • Os Múxeles (o marinado de tomate)
  • O bogavante con garbanzos
  • A piña colada
  • A famosa torrija
  • Ah, e a navalla
Pois eso, que pouco máis podo dicir do que se teña dito xa. Estamos falando dun restaurante excelente, onde te tratan de maneira exquisita...

Avda. Sineiro, 7.
San Salvador de Poio, 36005, Pontevedra.
correo@restaurantesolla.com

Importante, as reservas pódense facer na web ou por correo electrónico (calqueira dos dous métodos son os que prefiren máis que as chamadas de teléfono).

1 comentario:

Tito dijo...

Hola Xose! ha sido todo un placer conocerte y haber podido compartir mesa juntos ayer noche!

Te he enlazado en mi blog para no perderme ni una de tus novedades.

Te dejo aquí el enlace a mi blog por si te apetece pasarte...

http://tito1972ml.blogspot.com/

Un saludo, amigo! y buen fin de semana :)