miércoles, 6 de julio de 2011

Pan de Laro: Panadería Lage

Hai moitos máis pans bós ca o Pan de Cea. Que non se me enfaden os da Denominación de Orixe Pan de Cea, que hai que lles agradecer que nos hipermercados e supermercados hai pan decente (un pouco caro, eso sí).
A min (supoño que de familia) gostame moito as pezas estas enormes que fan na zona do Deza.
Este por exemplo da foto compreino en Laro. Nunha panadería que nen tiña cartel: era óbvio que era unha panadería porque estaba a casa rodeada de leña cortada. Tampouco facía falta preguntar se o forno era de leña: outra cousa non había fora da casa. Alá comprei unha peza de 5 kilos de pan (a foto é 1/5 do que había: tiña que ter tirado a foto cando estaba feito).


View Larger Map
(Na foto do Google non se ve a leña, faiseme raro)
Por certo, se vos apetece comentar que pan de que sitio góstavos máis, e recomendar unhas cantas panaderías, dádelle con ganas. Estaría moi ben facer unha pequena lista de panaderías xeitosas.

Mil gracias, Marcos Rodriguez, por darnos o nome da panadería. Así xa queda a referencia completa.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Una amiga me recomendó la Panadería Juanito - Santa Comba. La gente va a propósito allí aunque sea de fuera.

http://maps.google.co.uk/maps?q=panaderia+juanito+santa+comba&hl=en&ll=43.033406,-8.803324&spn=0.001482,0.002411&t=h&layer=c&cbll=43.033435,-8.803453&panoid=TX_36xJCQYLGZbRXuEAwTg&cbp=12,47.74,,0,11.15&z=19

El mollete está buenísimo hasta dos días después de comprarlo; son molletes como los de Cea pero más ricos. Y las tartas de almendra (tarta de santiago) delicatessen.

Y en la de Claudio, que está al lado, las bollas están muy buenas

Cesar dijo...

Ao lado da miña casa aquí en Arcade hai unha tenda que se chama "Pan do Deza"... Traen o pan de todos os días de Vila de Cruces. A dona pecha o negocio en canto se lle acaba o pan, así que mellor collelo pola mañá, pois pola tarde case nunca está.
Ten o pan en catro formatos: bolas, barras coa mesma codia que as bolas, barras coa codia mais branda e roscas. Todos están moi bos.

Unknown dijo...

Panadería Lage,en Laro (Silleda). Moi bo pan.