martes, 6 de septiembre de 2011

XV Xantanza de Blogogastrónomos: Osushi

A XV Xantanza de Blogogastrónomos galegos tivo lugar en Vigo, no restaurante Osushi, onde nos trataron a corpo de rei. Sobre isto, quería destacar que apenas unhas semanas antes tiveramos a ocasión de probar o seu menú degustación, e se vedes o novo menú, veredes que hai moitas novidades. Sirva esto para destacar a amplia e variada capacidade dos seus cociñeiros para propoñer platos. 

Vouno deixar moi breve, apenas fotos e descripción: disfruten.

O menú (en Xaponés, así que non nos enteiramos de moito)

Alga hijiki (salteado de algas hijiki con atún e cenoura)

Tokoroten de unami (fideos de xelatina)

Ankimo (fígado de rape ao vapor)

Aji no tataki (tataki de xurelo)

Sunomono de polbo (ensalada de polbo, alga wakame (das illas Cíes) e pepino)

Ise ebi ikisukiri (sashimi de langosta viva)

Susuki no sashimi (Sashimi de robaliza -lubina en castelán- con dous tempos de maduración diferentes, unha do día e outra de 48 horas)

Spyce tuna chirasi (ensalada de atún picante con arroz de sushi)

Unagui no kawa roll (rollo de suhi envuelto en anguía, recheo de tortilla xaponesa e aguacate)

Saba no sushi (niguiris de xarda)

Saké no kawa niguiri (niguiris de pel de salmón teriyaki e mandarina)

Saké no kawa niguiri (niguiris de pel de salmón teriyaki e mandarina)

Cha soba (fideos soba de trigo sarraceno e té verde)

Ise ebi miso shiru (sopa de miso con langosta)

Gindara saikio miso (bacallau negro, marinado en miso ao forno)

Dorayakis recheos de azuki(doce de xudía vermella)

Té verde sencha
Os compañeiros da Xantanza comentarion de maneira máis detallada:




Restaurante Osushi, Vigo
http://www.osushi.es/