martes, 15 de noviembre de 2011

Cunqueiro I

Dende os sete ou oito anos tiña todas as noites o mesmo soño, salvo que houbese ceado CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE FRESCO, que entón tiña outro. O seu primeiro soño consistía en que aparecía a carón da súa cama un home con barba, o cal facíalle erguerse e levábao en coiros a voar con el por derriba de Sobrado. E cando Xosé Regueira iba máis feliz voando da man do home da barba, este deixábao caír. E caía mesmo derriba da cama. 
Os Outros Feirantes

Unha lembranza ó noso grandioso escritor Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento e tamén 30 aniversario da súa morte. 

Esta e outros extractos da Obra de Alvaro Cunqueiro foron tiradas da escolma preparada por Miguel Vila Pernas e titulada: Na Mesa con Cunqueiro publicado polo Consello da Cultura Galega

Para honrar a súa memoria e lembrar a súa importante relación ca cociña galega, vaise celebrar unha homenaxe o 26 de Novembro en Santiago: Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe

No hay comentarios: