domingo, 19 de febrero de 2012

Tapas (de cocido) en Lalín!

Se pasades por cerca de Lalín antes da próxima fin de semana (26 de Febreiro), animádevos a pasar e probar as tapas dentro do concurso de Tapas de Cocido que se está a celebrar.

Por exemplo este Dim-Sum de Cocido, que fai Diego de A Molinera: espectácular (o recheo son grelos con chourizo de cebola e está logradísimo).

Dim-Sum de Cocido
Para quen teña curiosidade aquí hai unha reportaxe de Antena 3 sobre as tapas do ano pasado (o ovo de cocido que gañou o ano pasado está tamén dispoñible no menú de A Molinera, así que tamén podedes aproveitar para probalo)

Más vídeos en Antena3

No hay comentarios: