sábado, 21 de abril de 2012

Pizza Italiana "L'Italiana" en Vigo

O outro día chovia un mundo, era festivo e non podía ir a mercar cousas, e decidín pedir unha pizza para xantar. Pero... sonche tan malas as pizzas esas das cadeas (e das non cadeas). Decidín pillar o Google Maps, meter a miña casa e buscar 'pizza' (eh, a idea non foi miña os propios de Google dixeronmo):


E tachán, de repente aparece no mapa un sitio que pon 'L'italiana' en Navia, do que non tiña nen idea (tamén é certo que non vou nunca por Navia):

Ah, foi o comentario de "escasas de ingredientes" o que me convenceu.... que tiña que probalas xa!

Comor?  A ver, contrariamente ó que parece que ten metido todo o mundo na cabeza, a pizza non é mellor canta máis cousas leve enriba. As poucas veces que teño estado en Italia as pizzas non son así. E non é por autenticidade - cada quen que faga as pizzas coma queira - pero a min gústanme as pizzas ó xeito que fan os italianos. Así que cando lin esto, deducín que estaban facendo pizzas a xeito italiano.

Bueno, como era martes, estaba pechada así que quedei cas gañas.

Finalmente pasei por alí e probei as pizzas. E fun ó clásico é sinxelo: a pizza con mozzarela, tomate e albahaca fresca (a que en algúns sitios chaman Marguerita, e en outros chaman Tricolor e en este restaurante chaman L'Italiana). Sabedes canto tempo levaba desexando probar unha pizza con albahaca fresca? Pois eso.  Non quedei trasportado, e se ben a masa de pan estaba perfecta e o queixo impecable o tomate non sei moi ben se me gustou ou non (rapazas de L'Italiana, non me todedes a mal este comentario), o certo é que é a mellor pizza de Vigo, e que voltarei de seguro outra vez (ademáis queda cerca de casa).

Pois eso, é un restaurante especializado en pizzas, todas feitas a forno tradicional, moi finiñas, ó xeito italiano:



Resumen:
- Pizza estilo italiana (moi bóa) e a bó prezo: 9-11€
- Ambiente moi desenfadado e xove
- Aparte de pasta e pizza, segundo o día hai pratos italianos de todo tipo (ver no seu Facebook)
- Teñen unha carta de viños italiana, que (sen ser eu un experto en viños) parece interesante para sairse do tópico Lambrusquiano (hai un tinto do Etna que me chamou a atención un mundo)

Veña, máis info en:

(Imaxiño que todos os pizzeros de pro de Vigo xa coñecían o sitio, pero bueno non por iso ía deixar de comentalo aquí)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

ssCambiarás de opinión cando vaias a "La Piccola Italia". Sen dúbida, as mellores pizzas de vigo. Verdadeiramente italianas. O local da pena. Pequeno, parece un bar cutre de bocatas. Pero atrévete a probar alí unha margarita, forno de leña. Moi, moi baratas.

Non chama para nada a atención, nunca tería ido alí se non fose por unha recomendación. O "xefe" é siciliano. auténtico.

http://www.paxinasgalegas.es/la-piccola-italia-229548em_310ay_461ep.html


xa nos contarás

Xose Ramos dijo...

Cachis no demo, levo anos desexando saber onde hai unha pizza decente en Vigo (e levando moitos chascos) e xusto agora nunha semana descubro que hai dous sitios 'italianos' en Vigo.

Mil gracias.

Bueno, ten por seguro que por alí pasarei. Ainda que non deba tomar pizza, non podo quedar sen corroborar os feitos.

Por certo, que (non sei quen eres) pero se que teres animar e facer recomendacións en Laconada, non nos viría mal un corresponsal máis en Vigo.

Tania dijo...

Doy fe de que en la Piccola Italia se puede degustar la autentica pizza italiana. El local está cerca de mi casa y somos clientes habituales.
Un saludo

Xose Ramos dijo...

Boas tardes! Bueno, xa pasei por a Piccola Italia e coma dicides teñen moi bóas pizzas e a moi bó precio. Realmente é unha sorte ter a estes dous grupos de Italianos que se decidisen vir a vivir a Vigo.

Por certo, anónimo, non é siciliano, se non que é de Liguria (Savona). Pero eso non desdí nada do xeito das súas pizzas.

En canto a cal das dúas é mellor, pois vou dicir que os dous sitios son moi recomendables. Un de eles e máis informal, tes as opcións de bocatas e tal e o outro ten un pouco máis de opicións diferentes de menú, é moito máis agradable para comer e tes o tema do viño.

Eu diría a os que vos gustou tanto La Piccola, que tamén algún día vaiades pola competencia en Navia para ver, e igualmente a quen guste L'Italiana, que pase por La Piccola Italia.

Eu deixoo en que temos dous campeons.

Anónimo dijo...

Boas tardes! "La Piccola Italia" en Baiona ten "xefe" Siciliano. "La Piccola Italia" en Vigo ten"xefe" Genovese.

facebook.com/lapikolaitalia
Sen dúbida, as mellores pizzas...

Hanna dijo...

Pues genial, he llegado a este post leyendo sobre l'Italiana Originale, que me conquistó hace un mes, y he descubierto que cerquita de casa, en Baiona, tengo también otro sitio donde probar pizzas finitas y ricas ricas... :-) Las probaré!