domingo, 17 de junio de 2012

A emoción dos viños: Emocionante

Xusto veño de chegar a casa logo de asistir á este evento tan especial que se organiza en Tui: A Emoción dos Viños. E vou a aproveitar para escribir algo (tentando non rematar escribindo de máis, coma é o meu habitual) mentras ainda sinto no padal o regusto dos viños que veño de probar.

Hai tempo nunca me tivera animado a acudir a un evento de degustación e promoción de viño. Coma completo indocumentado no mundo do viño (non sei nen remexer a copa) sentíame incapaz de participar en calqueira evento relacionado co viño. De fai uns meses a esta parte cambiei de idea. Descubrín que o viño é un mundo accesible. Non importa o que un sepa ou aparente saber, todos podemos disfrutar de el, e ter a nosa opinión.

(Agora, a posteriori, podo indicar que neste aspecto A Emoción dos Viños ten a virtude de ser un evento aberto: calqueira podemos asistir, hai sitio para profesionales, hai sitio para coñecedores, e hai sitio para xente coma ti e coma min. E coido que eso é unha grande virtude dos organizadores)

O primeiro grande éxito de A Emoción dos Viños e a localización: celebrase no claustro da Catedral de Tui. Esta combinación de espacio cuberto e espacio aberto é insuperable.


O segundo grande éxito da Emoción dos Viños é a selección de adegas participantes: todas elas caracterízanse polo seu toque moi personal. O nome de A Emoción dos Viños parece se cadra un pouco revirichado, pero é verdade: a xente que presenta os viños en ela faino con sentementos, son todos xente de moito carácter, en realidade o seu viño é pura expresividade.

O terceiro grande éxito da Emoción dos Viños e a interactividade: os propios adegueiros ou encargados da adega están alí explicando o seu viño, dispostos a responder preguntas e animados de contar as motivacións que os impulsan. (Bueno, a todo isto, dada a miña xa lexendaria capacidade de preguntar cousas e entablar conversación en calqueira momento, imaxino que algún dos asistentes se cadra ve isto coma algo negativo. Por exemplo na sesión da mañá, que eran 2 horas, só estiven falando con 4 adegas, isto significa que os estiven molestando/dando conversa durante 30 minutos a cada un de eles. O Lexendario Xose que fala ata cas pedras - e nun claustro románico hai moita pedra).

Veña, vou comentar uns cantos e moi interesantes momentos de esta tarde:

Alvarinho Dorado

Un dos grandes momentos para a miña modesta persoa foi coñecer ó Enfant Terrible da Uva Albariña: Marcial Dorado. Eu probara xa os seus viños, e quedara simplemente pasmado: Albariño (ejem, Alvarinho) xogando na liga dos Riesling e dos Borgoña? Pois sí. Indocumentado eu, non sabía que detrás de Dorado non estaba un Portugués. Tampouco sabía eu que era un rapaz probablemente máis xove ca min. Só con falar apenas 5 minutos con Marcial sabe coma tomar un dos seus viños: a súa persoalidade rotunda é coma a dos seus viños.

Ademáis poidemos ter a ocasión de comparar coma evoluciona un Dorado, comparando un do 2010, un do 2008 e un do 2005. Vaia luxo.

Adega Algueira dende Ribeira Sacra (http://www.adegaalgueira.com/)


Outro que vos ten persoalidade de sobra é monsieur Fernando Algueira, tíñanos encandilados tanto polo seu verbo fluido (ouvironse exclamacións de: 'grande poeta!') coma cos seus impresionantes viños. 6 variedades de tinto e 3 variedades de branco! (Para romper con ese mito que a Ribeira Sacra e de tintos).

Dous viños moi curiosos a seguir: O MERENZAO que é un tinto moi moi peculiar dunha variedade autóctona que rompe radicalmente ca tendencia que teñen os tintos galegos recentes, e o Escalada (xa esgotado), un blanco que xoga na división duns viños blancos que non vou mencionar porque estas comparativas sonche moi perigrosas, pero que coido que na mente tedes a que viños me estou a referir (a forma da botella é unha pista).

Susana Esteban e os viños Alentexanos


Susana Esteban é unha enologa de Tui. E podería ter sido toda unha lenda en Galicia, pero non lle chista moito o viño branco, ela prefire o viño tinto, así que foi baixando ó sur (e logo de pasar por Douro) rematou no norte do Alentejo, onde actualmente está involuctrada en viños lexendarios: Blog '09 - gañador de premios e meritos en Portugal.

Espero que Susana non me teña enconta pero estivenlle sonsacando unha chea de información sobre os vinhos alentexanos, dos que eu non sabía nada. De feito eu non pensaba que fosen prestixiosos e descubrín que son os viños de maior predicamento en Portugal e que os mellores proveñen do norte da rexión.

O  Dão de Casa de Mouraz (http://casademouraz.blogspot.com.es/)


Se Susana pode terme unha certa xenreira, Antonio Ribeiro pódeme ter odio eterno, probeille cada un dos seus vinhos e estiven falando con el unha e outra vez. Antonio Ribeiro fai vinhos ecolóxicos en Dao (tinto e branco), Douro e en Amarante (Vinho Verde). Un mundo fascinante o dos seus vinhos ecolóxicos, pero que saense das clasificacións. Coma el mesmo dí: os seus viños están feitos para a xente que quere viños ecolóxicos e a xente que quere un bó viño, xoga sen límites, xoga a dous campos.

Serviume ademáis para poñer en solfa algúns prexuizos que temos no mundo do viño galego (español tamén?): os 'connaiseurs' achegábanse á súa mesa e mentras lle servían o tinto, preguntaban: 'Que variedade é, touriga nacional?' (Touriga Nacional é a variedade tradicionalmente asociada ós viños de Dão). A pregunta non tiña sentido porque os Antonio Ribeiro preparara os seus tintos con máis de 10 variedades diferentes (coido que chegaba a 20), ca convicción de que segue a tradición de que se sementaban varias castes de viño e cada unha aportaba un toque ó viño. Ante a vosa perplexidade de que viño saía de todo esto: pois o que un recoñecería coma un Dão, con caracteristicas ben especiais.

IMHO, coido que hai un efoque un pouco parvo nesta nosa Galicia co tema do monovarietal. Coido que de algunha maneira se creou unha falsa verdade de que a monovarietalidade é bóa e que a mezcla é mala. Eu non sei de viño, e non vou dicir nada, pero de sempre desconfío das ideas simplistas. Eu aplicaría neste caso (e en outros moitos casos da vida) o: DEPENDE. Monovarietal ou non, que fale o viño.

Barranco Oscuro (http://www.barrancooscuro.com/noticias/a-emocion-dos-vinos/)

Houbo moitos triunfadores nesta tarde ( de feito coido que todas as adegas representadas tiveron un éxito espectacular) pero se alguén conseguiu repercusión foron os granadinos de Barranco Oscuro. A xente aparecía alí dicindo: 'me han dicho que teneis un vino que se llama 1368 que hay que probar sí o sí'. 1368 é a altura á que se cultiva  ese viño. Se algúnha adega pode utilizar o lema de "Viño de Altura" esa é Barranco Oscuro. (Unha vez máis, 1368 é un viño multivarietal).

Queredes cousas dífíciles? Tintos en Andalucía (se ben en altura) Un espumoso que sabe a mazá. Un rosado indescriptible. Un viño doce de vendimia tardía que non é nin pasificado, nin ten botritis, ou ten as dúas,... Barranco Oscuro é a adega de sair con cousas raras.

Ca xente de Barranco Oscuro escoitei cousas moi interesantes sobre o cultivo da viña, e sobre as técnicas que teñen aplicar neste sitio tan especial onde traballan.


Que non se me enfaden o resto das adegas que participaron en A Emoción do Viño, porque o certo é que xa levo 2 horas a escribir e estou incumplindo a miña promesa inicial de que ía ser breve. Quero dicir que estes 5 son só exemplos (ou se cadra os meus exemplos favoritos) pero que houbo moito e moi interesante en Tui. Foi Grandioso.

Unha homenaxe moi grande ós organizadores de A Emoción dos Viños:

No hay comentarios: