martes, 19 de junio de 2012

Italia: Viños de Franciacorta

Para que vexades que indocumentado son... Lera en algún lado que ó lado do Lago D'Iseo estaba a rexión vinícola de Franciacorta. Por iso mentras esperaba o autobús en Sarnico, pedín que me servisen viño da zona. E quedei totalmente sorprendido cando me trouxeron isto:

Ronco Calino -  Brut 2007 - Franciacorta DOCG 
Vaia, un viño espumoso? Pois sí, resulta que Franciacorta en Italia é sinónimo de viño espumoso. E eu non sabía nen me informara nada! Por certo que Franciacorta é un dos viños máis prestixiosos en Italia. Unha vez pasado a miña pequena sopresa do primeiro día, logo reparei en cada restaurante polo que pasei, que sempre tiñan un ou dúas referencias de Franciacorta. (Eu só escoitara falar de Prosecco, non sabía que houbera outra cousa en Italia).

Neste caso o viño que tomei é da adega Ronco Calino, un Vintage Franciacorta 2007 (Brut). O viño prometía ser moi interesante, pero ten o problema que era brut, eu non dou aturado espumosos con ese mínimo regosto doce. Pero bueno, o meu primeiro día en Italia quedou inagurado cun prestixioso 'spumante'.

PD (2023):
Ostras, que falei do viño pero non dixen nada do lugar. O sitio coma vedes é perfecto para mercar e tomar viño. Pasaron 10 anos dende a miña visita e segue funcionando e mantén o mesmo aspecto:
Via Tresanda, 25, 
24067 Sarnico
Italia


No hay comentarios: