jueves, 23 de agosto de 2012

En verán é o momento da Saison

Gracias a un vello amigo da familia, apaixoado das cervexas e artesán na fabricación da cervexa soupen do grupo 'Cervexeiros' (cervexeiros.com) que existe en Vigo. Con tan sorte que nada máis coñecelos organizaron unha cata, e puiden asistir. Recomendovos a todos os interesados na cervexa e con curiosidade de probar cousas máis aló das poucas marcas de cervexa de calidade que chegan a Galicia, que visitedes a súa páxina e sobre todo o seu grupo no Facebook: Cervexeiros en Facebook

Isto permitiume un reencontro co meu pasado. A miña primeira paixón gastronómica foron as cervexas, hai uns 20 anos: comecei a preocupar de percorrer tendas a buscar cervexas que non tiña probado ainda, e ter conciencia de consumo, coma evitar ir por sitios onde tiveran unha cervexa detestable. O mundo da cervexa era perfecto para uns rapazolos: podíamola consumir a partir dos 16 anos, e por outro lado, era medianamente asequible para o xustiño que andas de cartos nesas idades.

Ainda podo lembrar os meus primeiros momentos: o Café UF (que segue aberto, ainda que vai tempo que non vou frecuentemente) e o Bass Pale Ale (de aquela época podías tomar en barril en Vigo, e hoxendía é ben dificil de conseguir - mesmo en UK). E tamén a película de David Lynch, Blue Velvet.


CATA FANTASMA DE CERVEZAS

O modus operandi era o seguinte: o grupo conseguía (encargando no estranxeiro unhas caixas) uns lotes de cervexas, anunciabase no grupo a data da cata, o prezo e a xente apúntabase ata encher as plazas. Neste caso incluíanse 4 cervexas de diverso tipo e máis comida para acompañar as cervexas.

A cata sería a ocasión de probar 4 cervexas sorpresa (non tan sorpresa porque sabíamos que serían belgas e que habería ocasión de probar a lexendaria cervexa Fantôme: 99 puntos no ratebeer.com)

Struise Witte - 5º 

http://struise.noordhoek.com/eng/


Tratase dunha cervexa de trigo belga, do estilo da 'branca de Bruxas' (a versión comercial máis extendida é a Hoegaarden). O curioso é que ainda que o seu nome é 'branca' (witte), é unha cervexa de cor tostada, con corpo e moi especiado. Sorprendende e orixinal.

Dupont Biolegere - 3.5º


Noten que se trata dunha cervexa 'biolóxica' e 'sen aditivos químicos'. Hai un señor de Murcia, bioquímico ou profesor universitario el, que da moito por saco con que a agricultura ecolóxica é un timo, que todos os productos teñen químicos, e tal.... pois que disfrute tomando Cerveza Aurum, que é moitísimo máis barata e pode que ata esté composta das mesmas moléculas.

Esta tratase dunha cervexa con moi pouco alcohol, ácida, lixeira, refrescante e con moitísimo gas.

Fantôme Pissenlit - 8º

http://www.fantome.be/fr/gamme.htm


Tratase dunha cervexa tipo Saison, feita con aromas de dente de león. Unha cousa realmente sorprendente: aromas e sabores que un nunca tiña probado en outra cervexa, forte, con moi corpo. Moitos comentamos que nos tiña certa semellanza incluso cunha sidra natural

Fantôme - 8º

http://www.fantome.be/fr/gamme.htm
Esta é a cervexa lexendaria (a que ten a puntuación máxima na web de cata de cervexas). Aproveito para comentar o tema  de en que consiste a Saison: son cervexas preparadas para durar o verán. Antigamente, sen sistemas de refrixeración, había que facer cousas especiais para que non se perdera: ten un contido alto de alcool (desinfectante) e tamén un contido moi alto de lúpulo (desinfectante tamén). É tamén está feita para que sexa axeitada para beber ca calore: é moi amarga e áceda (refrixerante).

E un tipo de cervexa que só se prepara nunha parte moi específica de Valonia, e que case se perdera. A Fantôme e outras son coma pequenas cápsulas do tempo e permitennos probar coma era a cervexa hai moitos, moitos anos, antes de que se industrializase todo.

(Nota, as caracteristicas de alcohol forte e moito lúpulo son moi semellantes ás da cervexa  inglesa  que chaman Indian Pale Ale - nota, coidado con esta páxina da Wikipedia, afirman algunhas cousas discutibles. Chamame a atención como en dos lugares separados, de maneira independiente chegaron á unha solución parecida. Nota: ainda así non quere dicir que unha Saisón sexa equivalente unha IPA, eh!)

No hay comentarios: