miércoles, 1 de agosto de 2012

Xornadas degustación da Carne de Boi en Allariz

Hai un dito galego: "Se non é boi, é vaca". Usar usase para outros contextos, pero neste caso podemos aplicalo directamente. Case toda a carne dita de boi que aparece nos restaurantes e nas tendas non é boi (o dito xa explica que é en realidade). En Galicia críanse ben poucos bois (e no resto de España non moitos máis). Tal é o escaso de esta carne que chega a precios exhorbitados, por riba de 150€ o chuletón (e o por riba seica pasa de 300€ do mellor posible). Vamos que eu coidaba que nunca había tomar carne de boi auténtico.

Bueno, pois mira, sorpresa, si que houbo ocasión. E comentoo por se algún lector ten esta curiosidade e interés, ainda ten ocasión. Actualmente, esta semana está tendo lugar en Allariz unhas xornadas de degustación da Carne do Boi. No programa vedes que hai un programa variado: a posibilidade de tomar pinchos de boi durante a semana, un xantar popular o sábado con boi á brasa, e o domingo tedes unha comida pantagruelica de 16 platos (10 de eles con carne de Boi). Este é a opción que recomendo se é que queredes matar as ganas de probar carne de boi. (Meus, ides quedar sen ganas de boi para un par de anos!!)

Primeira cousiña: para esta festa se encargaron e cebaron 3 bois. Non son bois de Allariz, se non coidados no Courel pola gandería O Rego. Estas xornadas van servir de pulo para promocionar a cria de bois en Allariz. E esta puntualización e meramente xeográfica: a calidade dos bois degustados é excelsa e ben recoñecida. Ocorresevos algún sitio millor para criar bois cos montes do Courel?... bueno, si, nun futuro Allariz (xa se verá e se comparará en anos proximos).

Pois veña a info:
  • Data: Domingo 5 de Agosto
  • Lugar: Sala de Convencións do Hotel AC Allariz
  • Prezo: 59€ (bebidas incluidas, ribeiro branco Gran Reboreda, e tinto mencía Crego e Monaguillo)
  • Reservas en: informacion@allariz.com  988442008
O menú é preparado por Flavio Morganti ( do restaurante Galileo en Ourense e mil e outras actividades que fai o home )

Imaxino que vos xurdiran algunha dúbidas: entendo que estamos falando de 59€ e son moitos cartos, pero coma comento anteriormente, a carne de boi auténtico é moi cara, e neste caso ides probar carne a eito, non ides quedar con fame algunha. A peso, esta é unha ocasión unica para ter boi a prezo accesible. O outro pero que teredes é que non ides ter intimidade porque este é un xantar en grupo aberto (coma unha boda), pero tamén é certo que se non fose gracias a ser a grupo non habería ocasión de ter este prezo e moito menos poder dispoñer da carne de 3 bois. O terceiro problema é que non ides poder topar cun 'laconeiro': porque xa estivemos o domingo pasado, para poder confirmar e informarmos de que consiste o xantar.

Bueno, e agora acaba a escritura e comezan as imaxes:

WARNING: o que segue é BOI PORN


Empanada Caseira con fariñas autóctonas e delicia de boi


Carpacho de boi con parmesano e campiñóns


Ensalada tibia de carne de boi ó caldeiro


Tártare clásico picado a coitelo


Concentrado natural de carne de boi


Gulashch con pimentón da Vera


Albóndigas con tomate aromatizado


Estufado en concentración de mencía e alfábega


Hamburguesa gourmet de boi


Roast Beef con sulsa e ensalada de tempada


Chuletón e lomos á prancha con patacas fritas


Queixo do Rexo (de ovella) con confit de marmelo


Arroz con leite


Bicas de Allariz


Amendoado de Allariz


É curioso que agora mesmo mentras estou vendo as fotos da comida, estanme entrando ganas de repetir algún destes pratos, coma o chuletón ou o roast beef (espectaculares), cousa que se pode facer (o camareiro indicounos que podíamos pedir máis) pero que en aquel momento, logo de 12 pratos non había maneira. Carallo si que me debeu gustar este xantar que só de ver as fotos estame entrando unha fame...

Por aclamación popular da mesa destacamos os seguintes pratos:
  • O carpacho de boi con parmesano (arrasou unanimemente entre os comensais)
  • O Tártare (non era moi purista - levaba aceite e non estaba moi especiado - pero a xente rillou del cousa mala)
  • O Gulasch (non quedou nada)
  • O Roast Beef (deixounos apampados a todos)
  • E por suposto o que todo o mundo viña xa no punto de mira: o Chuletóu ou Lomo á plancha
Eu destaco tamén que me gostaron:
  • O caldo de boi: algunha xente non se animou a tomalo para deixar sitio para a carne, pero eu sonvos un fan das sopas e consomés, e a min sentoume fantástico para dar rematado todo o xantar (nota: outros reventaron antes ca min, así que o caldo non fixo mal)
  • As empanadas tiñanvos un xeitazo (sobre todo na masa, non me gustou moito o compango)
  • A ensalada tibia de carne ó caldeiro foi unha maneira moi orixinal de presentar a carne cocida
  • Nas albóndigas o sabor do tomate era espectacular era o mellor do plato (a albondiga en si, xa non tanto)
  • E reincido no do Goulash: de campeonato, e sobre todo porque o acompañaron cun puré de patacas excelente (non sei se coñecedes o dito francés, pero a calidade dun restaurante mídese polo ben que lles sae o puré; según o criterio francés, Flavio é impecable)
  • Os postres moi bós, sobre todo os amendoados (da pastelería de Fina Rei) e as bicas. A bica foi a mellor que teña probado ata o momento, EVER. 

2 comentarios:

Andre dijo...

Eu tamén estiven o domingo pasado, e salimos encantados. Estaba todo estupendo, na nosa mesa o que más triunfou foi o carpaccio, o guiso, o roast beef e o chuletón. Quizais un menú demasiado longo que fai chegar con pouca forza os últimos pratos, que son os máis esperados. Pero unha moi boa experiencia, paga a pena a inversión, desde logo!

Xose Manoel Ramos dijo...

Foi unha comida xeitosisima. Coma dis chegamos todos ós últimos 3 pratos cunha enchenta importante. Ainda así, non quedamos sen probar todos os postres (e incluso repetimos).

Por certo, ti non serás André Arzúa o de A Fábrica de Vilanoma? Tiñamos pensado aproveitar e facer visita, pero non houbo maneira de facer sitio para a cea, eu non fun quen de comer nada ata a mañá seguinte.