jueves, 6 de septiembre de 2012

Carniveoreando por Vigo

Ainda que non o pareza (sobre todo se ledes o post sobre a degustación de boi en Allariz) non son de moito darlle á carne. Pero de cando en cando, algunha vez si que remato en comer carne. Home se vas dar nun asador, a mellor opción é ir directamente pola carne.

Aproveito para facer unha reivindación de algo tan humilde pero tan saboroso coma unhas bóas patacas fritidas. Hoxendía na maioría dos sitios baratos e tamén caros son todo patacas prefritas e porquerías feitas a prisa. Sirvan de exemplo estes dous restaurantes no que as patacas son feitas por eles, e hai moitos máis. Vaia ledicia cando chega a carne e ves que as pataquiñas están feitas con xeito.

Aquí facemos mención de dous sitios que están situados nas cercanías de Vigo, e que me pareceron o suficientemente xeitosos para recomendalos.

Asador O'Coto (entre Vigo e Nigrán)


Teño pasado unhas cantas veces pero nunca me decatara que esa casiña que hai na carreteira vella de Vigo a Nigrán era un restaurante. Está nun sitio tranquiliño, cun bosque precioso a un lado, todo moi tranquilo.

Eu case sempre vou polo entrecot (ou algunha outra peza pequena): coido que é a que mellor punto pode coller, é bastante tenriña, xugosa. Neste caso estaba ben bóa, tenrísima. (Coma podedes ver non se libran das escamas de sal Maldon, pero non llo tomedes coma un defecto).

Pois foi un entrante, máis esta carne, máis auga mineral, máis unha copa de viño e saiume por uns 25€

Restaurante Mirador do Cepudo (no Monte Alba)



Mirade a carne e mirade as vistas. Unha das principales virtudes deste restaurante son as vistas (vese ata Baiona... ata Baiona! so hai vistas millores dende o Galiñeiro). (Tamén é en certa maneira un atentado contra a naturaleza construir un restaurante neste alto, cada quen que teña a súa opinión ó respecto).

Ademáis das vistas, o certo é que a comida está ben, coma podedes ver as racións son moi abundantes (non só as de carne, as de pescado son enormes). Ainda que os prezos son altos, con tal cantidade podedes ver se compensa.

Neste caso, non houbo entrantes, foi un plato principal, postre, auga e unha botella de viño entre tres persoas e saiu a 30€ por cabeza.

No hay comentarios: