sábado, 15 de septiembre de 2012

Des Halles à Rungis: 'fromage!'

O seguinte pabillón é algo que non pode faltar en Francia: o pabillón dos queixos. E xúrovos que é ben grande o cal non é que sexa proba de que en Francia hai 365 tipos distintos de queixo (para iso non facía falta un sitio tan grande) se non que os franceses consumen moito queixo: hai que estar aprovisionado.

Iso sí, apenas había 2 palets do mesmo queixo. Rungis funciona coma o punto de distribución dos queixos artesanais e das pequenas productoras francesas. ( President e estas marcas teñen os seus propios almacéns). Aquí en Rungis queda a qualité, ou canda menos o queixo de distribución selecta.

 Camembert (au Lait crú coma era de esperar)

Iso si que é levar penicilina, coma podedes ver vai deixando pelos por onde pasa... (non me preguntedes o nome de este queixo porque non había quen levase control de tanto queixo distinto coma había).


Pero se algo facía impresionante a visita, era ver as enormes rodas de Comté apiladas. En xeral estes queixos grandes, cando os topas nas tendas xa veñen cortados en cuña. Nengunha tenda compra unha roda enteira (de feito debería terlles preguntado en Rungis coma fan, se os venden a pezas ou coma apañan as tendas para conseguir só mercar o que lles fai falla). Meu sobriño que é un fan do Comté (é o unico queixo que lle gusta) estaría encantado... (Por certo o Comté está emparentado co Gruyere, aquí en España non ten moito predicamento, pero en Francia, coma podedes ver, consumese a eito)


E para rematar: que esperaríades de tanto queixo xunto? Pois non hai demasiado cheiro. Primeiro, a temperatura do pabillón é baixa, e logo que os queixos máis queirentos vendense envoltos para evitar este tema.

PD: O queixo da foto faise na zona de Lille e é reputado en Francia por cheirar moito: Boulette d'Avesnes, así que imaxinade o que debe cheirar.

No hay comentarios: