miércoles, 27 de febrero de 2013

Viños franceses en Vigo, na Cave de Marcel

Fai uns meses, pasando pola Praza da Independencia de Vigo, chamoume a atención unha tenda que viñan de abrir de color moi verde:
É unha tenda de viños, pero unha tenda de viños bastante orixinal: só venden viños franceses.
Unha idea que me parece moi bóa. Cando a un lle entra a curiosidade polo viño, sempre lle apetece probar cousas diferentes, e unha cousa que non é sempre fácil de conseguir en España son viños de outros paises. Agora, con esta tenda, hai a opción de probar viños franceses.


A tenda ofrece viños de todas as diversas rexións e denominacións de orixe de Francia: Borgoña, Burdeos, Alsacia, o Loira, o Ródano, Langedoc-Rousillon, Saboia, ... Pero mellor que contarvos o que teñen, dicirvos onde están, e que vos vaiades mirar.

La Cave de Marcel
Avenida de las Camelias, 119,
36211 Vigo, Spain
web: http://lacavedemarcel.com/
facebook: http://www.facebook.com/LaCaveDeMarcel

Unha das cousas moi bóas é que podes probar os viños a copas, cun pinchiño. Así podes investigar os viños antes de mercalos, ou... directamente parar un segundo no teu paseo e tomar un viñiño, sen ter que mercar algo, e ir metendose no mundo do viño francés.

Pero ainda máis, estan organizando de mes en mes cursos de cata. Se queredes asistir só tedes que mirar no seu Facebook, mirar cando é o evento e preguntar se quedan plazas. Eu asistín á primeira e recomendas.


No hay comentarios: