lunes, 15 de abril de 2013

Tapas & Blogs Galicia: En Lugo e en Valladolid

Esta fin de semana pasada tiven a sorte de poder asistir ó segundo evento organizado por Tapas & Blogs Galicia. Acolleronnos no restaurante Mesón de Alberto (e portaronse todos moi ben connosco, mecachis tiveron o detallazo de traballar no seu día de descanso).

Nesta edición, o evento estivo moi centrado no tema no contacto cos productos naturales (ca colaboración e o apoio Revista Origen).

En primeiro lugar, dende Tierra de Pinares: Matapozuelos, na provincia de Valladolid, viu Miguel Angel de la Cruz, do Restaurante La Botica. Miguel Angel, fai unha cousa moi interesante. A súa cociña está moi centrada en utilizar productos do entorno, e non quere dicir só cultivos agrícolas ou ganaderos do lugar, Miguel tamén recupera as plantas silvestres da zona (está a piques de publicar un libro sobre plantas silvestres que se poden usar na cociña - e xa teño pesado mercalo), pero de todo isto o que máis me sorprendeu foi todo o que utiliza a piña: non a tropical, se non o froito do piñeiro.

Un dos momentos desconcertantes e inesquecibles foi sazonar o escabeche cun zume de piña recén exprimido:


Neste caso tratábase un canelón de coello de caza, milenrama (unha herba medicinal) e piña rallada (un pouco máis madura ca exprimida de antes):

Non vos parece asombroso?

Tamén dende moi cerca do pobo onde esta La Botica, viña Rubén, fundador de Granja Cantagrullas, que ainda co nome non se dedica ás aves, adicase ó queixo de ovella. E sendo de Valladolid, e facendo queixo de ovella xa sei o que estades pensando. Pero non, en Granja Cantagrullas non fan o queixo típico de pasta prensada. Mirade coma son os queixos:


Tratase de queixos diferentes, feitos de maneira artesana, pero saíndose do típico. A alguén lle semellaran medio afrancesados. E sí, é verdade que Rubén aprendeu a facer queixo alí, pero coma di, este estilo de facer queixos sen callo, é ainda moito máis extendida pola zona dos Balcáns e o Mediterraneo Oriental.

Tivemos a ocasión de degustar máis de 8 queixos seus. Cada un diferente. Cada un cunha sorpresa (e o pillín do Rubén fixonos a broma de deixarnos para o final un ben picante).

Se algún de vos ten curiosidade sobre estes queixos, vendense online en GranjaCantagrullas.com. E se preferides probar antes de mercar, non tedes problema algún, a granxa está moi cerca da Autovía Madrid-Coruña (entre Medina del Campo y Arévalo). Podedes parar e mercar queixos. 

Finalmente para completar este trío de xente que fai cousas no campo, pero que fai cousas que se saen do usual, tivemos á xente do Ganso Ibérico, que crian Gansos ó aire libre na Serra de Sevilla. A algun podelle extrañar, pero os gansos visitan España nas súas migracións, así que son parte do noso ecosistema.

E cos gansos temos carne: (este é un tartar de carne de ganso)
E dos gansos tamén temos ovos. (Non vai a haber foto porque estaba nunha esquina da sala e non din sacado bóas fotos ó ovo).

Se queredes ver fotos dos ovos de ganso, teredes que estar atentos ós blogs dos outros participantes no evento. Ademáis de comer, ademáis de coñecer todas estas iniciativas curiosas que está facendo a xente no rural, unha de estas cousas grandes é poder coñecer e falar un rato (porque os blogueiros vedeslles que escriben moito, pero dígovos eu.... non vexades o que falamos).

Perfecto.

Veña, un saudazo a todos os outros blogueiros. (Fago unha lista pero seguro que deixo algún fora, deixade comentario e corrixo a lista):  Ni Mata Ni Engorda, Guisándome la Vida, Galletas para Matilde Travi en la Cocina, As pequenas Viaxes, Cocinando Setas, O Garfelo, La Casa del Té,  Cerveceando,    Cocina & Kuchnia, Esteban Capdevilla

Bueno, estouvos ainda sen recuperar de esta fin de semana (porque eu tamén tiven un sábado moi festeiro, así que non descansei nada e fixen kilómetros e kilometros en coche), así que perdoade se hai faltas de ortografía, se puxen algunha cousa que non é, algún nome mal, os enlaces equivocados... O bo que ten esto de Interné, e que todo se pode correxir logo.

6 comentarios:

Marta Valcarce o TravienlaCocina dijo...

Para mí también resultó sorprendente este evento. No sólo por la magnífica cocina de Miguel Ángel de la Cruz (eso sí que es innovar y lo demás son cuentos), sino por los productos tan fantásticos de Granja Cantagrullas y Ganso ibérico. Los gastrodomingos en Lugo prometen y mucho, verdad?
Saludiños

Westy dijo...

¡Delicioso!

Xose Manoel Ramos dijo...

Como dices Marta, la verdad es que fue un evento espectacular.

La verdad es que tienes razón, que sobre todo hay que agradecer mucho el esfuerzo de Alberto de los GastroDomingos. De hecho, eso de que renuncien a su día libre una vez al mes para organizar todas estas cosas, se les nota que tienen muchas ganas y le ponen mucha pasión a su trabajo. Lugo tiene que agradecerles el detalle.

Loly Llano dijo...

Hola Xose!! Me ha gustado mucho tu crónica :) , que pena, yo podía pasarte alguna foto del huevo y de lo que quisieras.

No me llegan tampoco tus actualizaciones , no se cómo seguirte :( No tenéis Facebook ?

Galletas para Matilde dijo...

Hola Xosé, a verdade é que creo que quedamos todos encantados co evento e coa xente. Sen deixar de mencionar o Mesón de Alberto e a sua hospitalidade.
Espero que volvamos a atoparnos no próximo Tapas&blogs, agora que os de madrid nos cederon o testigo...

Saudos.

Sabela de La Casa de Té dijo...

Se sortea el libro de Miguel Ángel, por si os interesa, en
http://infusiones.lacasadete.es/el-cocinero-recolector-y-las-plantas-silvestres/