lunes, 6 de mayo de 2013

Empanadas de xoubas encadenada...

Isto comenzou dunha maneira intencionada. Todo comenzou hai máis de 15 días, cando fun a visitar o restaurante de Toñi Vicente. Resulta que no menú había empanada de xoubas. A de xoubas é unha das miñas empanadas favoritas. Ademáis, non é unha empanada que habitualmente se estile demasiado.

Empanada de Xoubas 1: en Toñi Vicente

O día seguinte estaba de paseo por Teis. Alí ó lado do Bar Manolo, un par de casas máis abaixo polo mesmo Camiño do Espiñeiro. Ahí tiñan unha pequena tapería (onde antes estaba o Mesón Ucha). Dame un montón de rabia pero non dou lembrado exactamente o nome. Coido que era algo coma "Lume das Irmáns" (porque o levan dúas irmáns).

Alí preguntei que había para tomar, e tamén tiñan empanada de xoubas. Segunda empanada de xoubas.
Que non vos engane a apariencia sinxela ... estaba boísima.

O sábado seguinte estaba eu por Cela, Bueu. Alí ó lado da Igrexa está o Bar Restaurante Igrexario. Tamén tiñan anunciada empanada de xoubas (bueno, de xouvas). Pero sain a dar un paseo polos arredores, e cando retornei alguén xa tomara a miña empanada. Tiven que tomar a de bacallau.

Pasa outro sábado máis. Parei a visitar o Restaurante Don Chiringo. Comentanme que fora de menú había empanada de xoubas. Que pensades que pedín?

Vou seguir o post este se encadeno máis empanadas de xoubas. Pero de momento vexoo dificil porque a fin de semana que ven vou de visita a Madrid... Non vai ser fácil conseguir empanada de xoubas alí.

No hay comentarios: