domingo, 22 de septiembre de 2013

O Loxe Mareiro: cociña

Parécevos normal levar contar con tanto retraso o hit culinario deste verán? Pois a verdade é que non. Ainda, que, segundo contan os meus espias, alá na distancia, en Galicia estades a ter un setembro quentísimo, así que aquí vai, antes de que remate o verán, a historia de coma é a cociña do Loxe Mareiro.

O Loxe Mareiro é moi cativo, pero ainda así, acolle dentro unha grande (pequena) cociña, e un gran cociñeiro, Iván Dominguez, ben coñecido pola súa traxectoria en Casa Marcelo. Ademáis de terraza, e dunha zona interior, hai a posibilidade de reservar (para grupos) unha mesa que vai pegada á cociña, así que tivemos a ocasión de velos traballar.



Benvida,
Chinchos & Chicharos

E non só chinchos e chícaros, a destacar moito o pan que preparan eles mesmos todos os días, con auga de mar (por iso é un chisco salgado).
E non menos interesante este zume de sandía e cereixas .... fantástico, un dos momentazos do día
Xa sabedes que a monsieur lle gustan os chinchos, xa sabedes que vou dicir de este entrante


Compartir,
Salpicón dRape
Ameixas from Carril
Bonito+Tomate+Améndoa
Fish and Fish

Iste é o momento no que concedín que estamos ante un éxito seguro. Estes catro platos que vedes aquí, son pratos estándard do menú, os que se ofrecen a precio moi axeitado á clientela, coma racións para compartir. Pratos para todo o mundo.

E son uns platazos, se cadra algún dos mellores momentos que teña tido este ano. Eu quedei enamorado de dous, que teño que voltar a repetir seguro. O salpicón de rape, con cebola e flores de cebola... é espectacular.




E os peixiños fritos con salsa picante (os puntiños vermellos). Esa salsa picante é un dos momentos máis divertidos da gastronomía galega deste verán.

(a)Tallada
Xarda+Pementos

Un clásico de Iván, que eu xa lle tiña probado, e está tan ben coma sempre, ou ainda millor. 



(o)Guiso
dChocos!



(a)Peza
SanMartiño



algho dCarne
Redondo!



Outo dos grandes momentos do xantar, unha carne fría, que presta moi ben para o verán e os dias quentes


As Sobremesas
Arroz con Leite
Piña en Almíbar

Fantástico o arroz con leite (o caramelo fixose ó instante cun soplete)
E non menos fantástica esta piña, a que lle chaman "piña de avión", porque ven no seu punto de maduración xusto. Algo que non é moi habitual poder tomar - polo seu prezo.

Sobremesa




Loxe Mareiro 2.0
Aduana 56. Carril.
15703 - Vilagarcía de Arosa.
(Pontevedra)

Telefono: 986 510 667
loxe@abastosdouspuntocero.es

No hay comentarios: