martes, 22 de octubre de 2013

O Codigo Da Empanada

Hai uns cantos días, Manuel Gago, no seu blog de Capítulo 0 falaba nun artigo titulado O Código Da Empanada dunha foto antiga e a investigación que fixo para identificar que é o que se ve na foto.

A foto era tal cual:

E segundo a investigación e a axuda de Miguel Vila, chegaron á conclusión que parecía unha Bola de Liscos. Mirade no enlace que hai unhas fotos moi chulas dunha bola de liscos ca súa berza e tal.

Xa que falamos de bola de liscos,imos lembrar que aquí en Laconada tiveramos un post sobre a bola de liscos, tal coma a fan na Terra Chá.


Eu vou comentar que se ben non era bola de liscos (non estaba feito de touciño, e non se usaba para nada folla de berza), pola parte de Lalín tamén se facía unha empanada que non parecía empanada. Chamábase bola de algo, e neste caso levaba zorza dentro. Vale algún dirá que é o mesmo ca unha empanada de zorza, pero non, porque non era tal empanada era dunha forma diferente.  Esta bola só se facía pola época da matanza. Hoxendía na casa xa non se fai, porque xa non se usa o forno de pedra, e para facela nun forno eléctrico era máis cómodo facer unha empanada.  

No hay comentarios: