domingo, 3 de noviembre de 2013

Novos restaurantes en Vigo: Ruxe-Ruxe

Seguramente oíchedes falar, e moi ben, dun novo restaurante/bar de tapas na rúa México: o Ruxe Ruxe. Pois o que din por ahí é certo: coido que está moi ben. 

O outro día estiven polo sitio, tomando unhas tapas. Todas as tapas estaban moi bóas e ricas. A que máis me gustou foron os mexilóns en tempura con maionesa xaponesa. Non é tan facil facer unha bóa tempura, e quedoulles moi ben. Os outros pinchos que tomamos seguen nesta idea de combinar producto galego e preparacións modernas: mini-hamburguesas de porco celta, tosta de lacón cocido con queixo de tetilla.


Ah, é coma vedes na foto tamén tomamos postre: coulant de chocolate e unhas cañas con crema de castaña. O coulant boísimo.

Xa vos estou lendo a mente: isto vai ser moi caro. Non tanto! Os prezos non son económicos, pero as racións non son pequenas (bueno, ou dependendo do pincho).  E sobre todo, teñen bó nivel.  

En realidade non fai nengunha falla que recomendemos o sitio, porque semella que está a funcionar ben, con moita clientela. Ademáis, conseguiron atraer a xente maior (maior quere decir un pouco máis vellos ca min, porque eu tamén vos vou xa un pouco vello), que normalmente son un pouco máis reacios á cociña non-tradicional.

Pois nada máis, dadelle unha proba ó sitio, tanto para tapas coma restaurante e decidide vós mesmos. 
A nos gustounos, imaxino que a vos tamén.


Coma o sitio gustou, pois repetimos a visita. Nesta ocasión en vez de ir á zona de tapas fomos á zona restaurante. Gustounos tamén.



 Aperitivo agasallo da casa: salmón marinado
 De primeiro: ensalada da eira. Pantagruelica. Coma podedes ver leva de todo, non aburre nadiña.
Pero o plato máis destacable ven sendo esta lubina salvaxe, ben feitiña no seu punto con arroz (fastidiame un pouco esta teima de chamar "risotto" a todo) con alguas. Al algas estaban crocantiñas. E como podedes ver, bóa cantidade de peixe.

E de postre, coido que era biscoito de amendoas con helado de arroz con leite.

Pois eso, moi bó sitio. Despois de dúas visitas vou dicir que os meus 3 favoritos son:

  • Os mexilóns en tempura
  • A lubina
  • E o 'coulant' 

No hay comentarios: