sábado, 9 de noviembre de 2013

O protocolo alambrero

Haivos moitas cousas que non sei. Un nunca nace aprendido, iso seino ben.

Onte estiven comendo cos compañeiros mexicanos e descubrín dúas cousas importantes! 


A tortilla ten un dereito e un revés

O choio é saber cal é. E resulta que eu sempre collo (collía, porque agora xa sei un pouco) ó reves. Tamén manda carallo, que sempre a colla ó revés! En realidade é porque agora que sei o do dereito e o revés, decatome que cando chas traen no restaurante todas apiladas, veñen cara embaixo para que os mexicanos as apañen xa e xa está. Eu que funciono cunha lóxica diferente, penso que veñen cara arriba e doulles a volta.

En resumo: a parte que ven mais feita (venselle algúnhas quemaduras e todo) é a que vai para dentro. 

a parte de baixo / ou de fora

a parte de riba / ou de dentro
¿Porqué? Pois seica de esta forma dobla milor. Iso dixeronme os amigos. Eu non chego a comprendelo ben de todo, e de feito hai algúns restaurantes onde as tortillas veñen só requentadas no microondas, e non hai quen vexa cal é cal parte, porque as dúas teñen a mesma cor. (Nota: para que unha tortilla realmente sexa sabrosa ten que ter pequenas manchas torradas coma as filloas). 

Coma se 'agarra' un alambre

O alambre é un choio que fan aquí en México, que é un plato de carne picada, pemento, xamón cocido con queixo, para logo comer con tortillas.

O tema é como pillalo.

Coller a tortilla (ver punto anterior) correctamente na man, cara enriba, e co tenedor que che deron meter a comida dentro?
MAL
 Ca tortilla na man (ben collida segundo o punto anterior), cara embaixo e botarse enriba do plato e coma se estiveses levando unha luva, apañar en todo o alambre que podas?
BEN

Unha vez feito esto, xa podedes desfrutar do voso Alambre. (Nota, eu póñolle salsa, pero os mexicanos mirabánme raro, coido que o habitual é tomar o alambre sen salsa).


Se andades por México e andades asustados co tema do picante, pedide un alambre sen problema. O alambre é un plato doce, entre a cebola dourada, os pementos doces (o primeiro plato no que vexo que usan este tipo de pementos en México), e o queixo.  A min non me gusta demasiado (por eso de ser demasiado doce), pero bueno, estou seguro que a moita xente si vos gustaría. 

No hay comentarios: