domingo, 13 de julio de 2014

Para os do "pico de gallo"

Si, vai polos que non vos gusta nada o picante e cando ides a un mexicano só poñedes o que non pica, que adoita a ser o pico de gallo...

... tede coidado cando veñades a México, porque aquí o pico de gallo leva chile jalapeño ou chile serrano. (Bueno, algun de vos pensará: bah, o jalapeño non pica. Se tedes seguido os meus posts por aquí, deberíades saber que os chiles frescos verdes son bastante rabiosos. Vos seguramente teñades probado os jalapeños en vinagre, que son os que se exportan a Europa, e si son máis suaves. Pero o fresco, é outra cousa).

Bueno, en principio xa non é moi habitual que nos restaurantes teñas unha cazoleta de pico de gallo. Aquí os condimentos habituales son as salsas trituradas (todas elas picantes), a cebola picadiña e o cilantro. Os poucos sitios que teñen pico de gallo, coma digo, fano picante. (Home, ten lóxica, pensarán eles, para que poñer un condimento que non pica!)

Nota: No Pastora 1, o pico de gallo é picante, coma fan aquí en México.

No hay comentarios: