miércoles, 24 de diciembre de 2014

Os máis e os menos ca pasta choux


Durante a miña nenez (alá polos anos 80 para que vos situedes) cando viñan unha bandexa de pasteles variados na casa, os últimos pasteles que se comían eran os profiteroles e os outros pasteles de pasta chou. Eses e os de merenge (de aquelas non sei que tiñan co merengue que o metían moito) eran os últimos en comerse. Ivanse papando de maneira organizada todos os demáis (os de follado, algún que había de biscoito) e cando xa non quedaban outros, pois a tomar os profiteroles. Non nos gustaban nada. Coma decíamos todos os nenos: saben a cartón.

(De aquelas non é coma agora que hai sobreabundancia de biscoitos de chocolate e tartiñas con froita glaseada, nada, era todo follado e choux, crema, nata e merengue. Hoxendía poneselle chocolate a case todo).

O tempo pasa e vai un e remata vindo a visitar Francia, que é o país da pasta choux. Aquí non hai escapatoria, de feito nas bodas e eventos grandes a tarta habitual é o croquembouche: unha pirámide de profiteroles cubertos con caramelo (que ben pode chegar a metro e pico de alto). Logo están uns cantos doces típicos e tradicionais que se toman de un en un: eclairs, divorcés, Paris-Brest, Salambó,religieuse.... Basicamente case toda a súa repostrería clásica. (Ainda que agora coma en España vaise máis ós doces de chocolate, biscoitos con frutas e semifríos). 

Certo é que imos admitir que aquí en Francia a masa está un poquiño máis xeitosa ca aquela cousa que tomaba eu de pequeno: pero non ten moito sabor. Non importa porque aquí levan todos recheo, moito recheo, e está moi bó. Este das fotos é un éclair de café, e coma digo o recheo é moi goloso. Engorda só con velo.