miércoles, 13 de mayo de 2015

Marlín e familia

Coma xa dixen outras veces, non son nada apasionado da fritura... Si, XA SEI QUE MOITOS SODES APAIXOADOS DA ARTE DA FRITURA, pero non amoledes. O frito sabe sempre parecido. Punto pelota. Ise é o problema. Non sabe ó que son as cousas, sabe a frito. (Non pasa nada que vivades de fritos. QUEROVOS IGUAL. Podedes comer o que queirades, eu so quero comer outras cousas).

Pois nada, coma non me gustan moito o frito, non acostumbraba a tomar tacos de pescado, porque os tacos de pescado adoitan a ser fritos.

Pero tachaaaannn ... descubrín o fantástico mundo dos tacos de guiso de pescado. A maioría de eles son de carne de Marlín. En todos os casos a carne é de cor rosadiño, con sabor graxo e notaselles a forma das febras do músculo. Parecese moito ó atún, pero coma que cun sabor máis forte. (Non sei se o marlín sabe así de natural ou é cousa de coma se prepara, nunca vin o marlín de marras nunha tenda: non sei de onde o sacan).

Este de aquí é "machaca" de marrlín. A "machaca" usase no norte de México para referirse a carne picada. Así que supoño que queren dicir que é de peixe picadiño. (en Vinny's Taco Fish)

E iste tamén é de marlín: neste caso son uns chiles jalapeños (picosísimos) que levan merlín desmiolado dentro. E para que un non quede con fame, puxeronme tamén peixe a maiores. Así que deu para 2 tacos. ( en El Pescadito )

No hay comentarios: