martes, 12 de mayo de 2015

Sopa de patacas con espinacas (mexican style)

Isto é o que os modernos chaman teaser. Fai uns meses tiven unha experiencia culinaria excepcional e que me deixou abraiado. Teño pendiente contala, pero bueno, antes de contala, ben e coma ten que ser vouvos anticipar un dos pratos que tirei de ela.

Isto é moi sinxelo, minimalista, sen historia pero o certo é que este plato me encantou. E fixeno na casa e quedou... non excepcional coma o que probara pero sabía moi ben.

Pois unha sopa de patacas con espinacas. Un bó caldo de polo para darlle sustancia. E pouco máis.
E funciona.

Receita:

  • Patacas novas cativas
  • Espinacas
  • Caldo de polo
  • (eu metinlle un chile morita para facelo un chisco picoso)
Quentas o caldo. Ferves as patacas uns 15 minutos. Picas as espinacas. Engadelas. Deixalo ferver 5 minutos. Tapas e ó ratiño xa se pode tomar.

A ver, xa sei que isto non vos parece nada Mexicano. Pero si que ten o gusto dos mexicanos polos caldos e consomés, e o a preferencia que teñen aquí por non cocer moito as verduras. E si, non fai falta cocer tanto a verdura.

É interesante ver que coma pasa moitas veces, o producto local fai as cousas diferentes. Por exemplo en Galicia non se adoitan a vender patacas cativas coma en México. Estas coma vedes case nen parecen patacas, do amareliñas que hai. (Bueno, o mundo vai cambiando e se cadra xa non é tan dificil topar patacas de outros xeitos en Galicia)


Coma xa dixen unha vez, ós mexicanos encántanlles as verduras cativas. Venden e comen cousas moi cativas. ¿Por qué? Pois unha das avantaxes é que as verduriñas cativas son máis tenriñas.

Por contra algo que non entendo moi ben, é que aquí en México as espinacas vendense moito máis grandes ca en España:
 Si este matoxo mide medio metro de longo. Máis ca espinacas parecen nabizas. (Que non son, coma vedes son de folla suave e verdosa).

Xa digo, se cadra ando moi errado, pero a espinaca que sementa a xente e vende alá e moito máis cativa e non ten necesariamente este aspecto. A espinaca mexicana esta gostame moito. Bueno, non sabe tan distinta da de alá, pero gustame a maneira na que a usan aquí.

E isto é todo, vaia post, non. Pois coido que é interesante. Onde se non íades ver fotos dunha espinaca mexicana, eh?

No hay comentarios: