Un engadido mas á lista de "pratos que preparas para sair do paso". Pero ca diferencia especial, de que este está feito co que podería haber nunha casa mexicana:
- pasta
- mole
- jitomate (si, ese vermello que lle chamades tomate)
De todas formas non foi unha idea ó chou, porque medio me inspirei nun plato moi mexicano.
Cociña Yucateca: sopa de fideo seco, que son coma espaguetti, pero non ó dente, moi feitos pic.twitter.com/JPLUZjJiIo
— Laconada Press (@laconada) June 30, 2014
De todas formas só collín a idea de que se podía facer pasta cunha salsa de sabor intenso (na sopa de fideo seco poñenlle chipotle). Porque polo demáis o meu plato é moi diferente. Porque na receta mexicana, o fideo faise moito e non me gusta.
Así que a miña trapallada é sinxelamente:
Así que a miña trapallada é sinxelamente:
- Un chisquiño de pasta de mole, á que se lle engade un pouco de caldo de polo quente, formando unha salsa máis ou menos espesa dependendo do gusto
- Uns tomates frescos cortados en dadiños (sí, gostame poñerlle tomate cru á paste, probeillo en algún lado e gustame o contraste)
- Fideo (capellini) feito ó dente
Non tardei nin 10 minutos (o capellini é unha pasta que se fai rapidísimo, 3 minutos e xa está)
A parte increíble de todo é que sabía moi ben. Evidentemente sabía principalmente a mole. Por iso é moi importante ter un mole gustoso, non de sabor moi esaxerado.
Non sei se se pode conseguir mole en España, ou que tal será o de ahí. Pero bueno, sorprendentemente resultón este plato. Eu polo menos gardarei a receita, para máis ocasións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario