lunes, 22 de junio de 2015

Restaurante Casa Solla (2014)

Si, así coma o vedes, vou poñer un post dun restaurante que visitei o ano pasado. Bueno, non importa moito o tempo. Aquí a intención é máis ben ilustrar. Para que quede constancia histórica coma era o menú de Casa Solla no ano 2014. Así que serán máis fotos ca outra cousa, pero ó final fago unha pequeña revisión. 



Os clásicos "trampatojos". As aceitunas si que eran aceitunas, pero as pedras non eran pedras. Era puré de garbanzo con algas, xusto o plato que fixo en MasterChef (junior).

Despois (e tamén como os aperitivos) unha cabeza de gamba rebozada e un boliños recheos de algo (que é o que ten escribir sobre os restaurantes pasado 1 ano) que non lembro.

Iste tamén ten un certo engano. Parece un ovo, e ven na cascara, pero non é ovo, é unha crema de calabaza (a yema) e unha salsa de queso a clara.

Estes de aquí eran uns taquitos non moi picantes, nos que a "tortilla" era de navo. Moi fresco eso sí.

Esto xa era un dos platos do menú. Eran diversos tipos de tomate nunha presentación así un pouco cavernicola. Eran diversos tipos de tomates e en diversas preparacións. Uns secados ó sol, outros confitados, e así un e outro..


Iste si que xa foi un dos platos memorables do día unha falsa salsa (os tallarines eran calabcín) e cun pesto que picaba, e ahí no medio dos tallarines, unhas vieiras.

Despois entrou o pescado, que neste caso foi mar e montaña: eran sardiñas pero levaban graxa de porco ibérico, finiña.
Sendo Casa Solla, non podía faltar a merluza. Neste caso viña cunha salsiña de frutos secos. Impecable coma sempre.

E despois tivemos un plato que se parecía un chisco a outro do ano pasado. Naquel caso era merluza, pero coma neste caso, tamén estaba acompañada de mahonesa con chiles.

Este era galo, e levaba un puré de apio.
Unha das cousas que máis nos entusiasma de Casa Solla e o seu carriño de queixos. Coma podedes ver, poidemos tomar 4 queixos diferentes.

E antes do postre, a piña colada.

Este postre a moitos pareceralles moi sinxelo.  (Ha, de feito eu coido que algún se sae dun restaurante sen que lle poñan algo de chocolate, senteirase defraudado). Pero a min pareceme xenial: este sabía a mazá e tiña tamén un toque de queimada.

E para terminar, Pepe dibuxou un postre con cremas, frutas confitadas, flores.

Ah, que non, non era o final. Ó final si que había chocolate, co café. Todo tipo de chocolates

No hay comentarios: