domingo, 16 de agosto de 2015

Fonda Margarita (un plan de negocio claro!)

Poucos negocios no mundo teñen un modelo de negocio enfocado e corto de miras coma o lexendario Restaurante Fonda Margarita. 
  1. So ofrece almorzos. E non, non é un subterfuxio coma estes sitios que fan brunchs (co que en realidade dan xantares). Non, Fonda Margarita, pecha ás 10 da mañá (bueno, non pecha, pero deixa de servir comidas). Coma abre xa ás 5:00 AM, pois imaxinade, convirtese no punto de repouso de noctámbulos volvendo de festa: pero non vos erredes, en realidade é un lugar moi familiar, de xente que vai logo cara o seu traballo.
  2. É un galpón. Coma veredes nen sequeira o tellado pega cas paredes. (Ainda así reparade que rechamante, un chisco pretencioso pero á vez bastante elegante é a entrada do galponcete).
  3. Non tes mesas individuales, todo vai a mesas corridas. (Encantaríame ver ahí os tipicos repunantiños que sempre rosman no TripAdvisor porque non lles tocou unha mesa chula)
  4. O menú é bastante reducido: 4/5 guisos, ovos de varios xeitos, café e refrescos
Con tantos limitantes, máis dun pensaría ¿coma vai funcionar iso? 

Pois funciona tremendo. O restaurante escolleu o seu público, e o público escolle o seu restaurante. A idea é ofrecer un bo producto cun servicio espartano e rápido. E coma estás nunha cidade de máis de 15 millons de persoas, e coma os mexicanos dan unha importancia extrema á bóa comida, pois tes clientela fixa, tes peregrinos que van ex profeso a xantar e tes un negocio continuo. 


A entrada do gal.... digo restaurante, digo fonda: 


O interior, espartano ata o extremo, pero limpo e eficiente coma un reló. A comida ven ó instante o servicio é eficientísimo. 


O menú:
  • Bisté en salsa pasilla
  • Ovos con frijoles
  • Tortillas de millo 
  • Café de olla (non sae na foto: un café impresionante, ainda que o típico castizo andará a rosmar que está aguado e tal)



Os ovos con frijoles (negros coma podedes ver) son obrigados. Evidentemente, vos que estades ben lonxe e que seguramente so teñades probado os frijoles de lata parecerávos pouca cousa. Pero aquí en México a preparación do frijol é un arte que non se toma a broma. En 2 anos eu teño tomado 3 frijoles que merecen un lugar na historia: os outros 2 foron en provincias. Nesta cidade o único que chega ó nivel da cociña de campo son estes de Fonda Margarita. Nesta Cidade, deben ser os mellores.  

O bisté en salsa pasilla (fun alí ex profeso a probar a salsa pasilla) foi así asá. Moi pellejoso. Estaba bó e ben cociñado, vale. A salsa excelente. 

Deixo un video, e no final podedes ver a Fonda Margarita. E podedes coñecer a Doña Margarita, que é tan importante para o restaurante coma os platos. E ten moi mal caracter, non a vaiades a contrariar.

No hay comentarios: