domingo, 27 de septiembre de 2015

O Natto non é para tanto

Se buscades por internet o termo natto(Nattō) toparedes seguro listas de "alimentos máis asquerosos do mundo", e videos de tipos tomando natto con cara de asco (e tipos tomando natto dicindo que non é para tanto.

 

O natto é soja fermentada, pero moito, que queda coma unha pasta pegañenta (pero moito, moito).

Eu despois de ver tanta historia en Internet co tema do natto, pois tiñas moita curiosidade en probar o choio. Pero non é unha cousa fácil de topar....

Ata que... mira ti, aquí en México din cun (haino en moitos máis, eh) restaurante que tiña no menu natto (Restaurante Taro).




O plato era Natto, con ceboliñas, mostaza xaponesa e atún.

A ver ... e vos preguntaredes ... ¿que penso do natto?

Pois non é para tanto. Sabía un pouco extraño... coma a un vexetal un pouco ácedo, pero non sabía a podre, nin cheiraba raro nen nada. Nada de nada comparado cun queixo de sabor forte.

O que sí que era certo é que é abraiante o pegañento que é o choio. Estalo comendo e quedanche fios da pasta esta do natto entre o prato e a boca, e costa un chisco separar porcións.

No hay comentarios: