jueves, 17 de diciembre de 2015

Do the Smash Potatoe, do the Smash Burger, do the Twist

Moi bóas a todos, unha das cousas terribles das modas culinarias é que cando chegan, chegan pervertidas e modificadas. Por exemplo estes 5 anos que vivimos das hamburguesas gourmet. ¿Resultado? ¿Temos algunha hamburguesa que mereza a pena? Na miña opinión non.

Temos hamburguesas con boliños exóticos e de pan de mil e un tipos, con queixos do máis sofisticado, carnes de aquí, de acolá e de máis ala... de peixe, de caralladas varias. Pero case non hai unha hamburguesa que cumpla os requisitos básicos de coma a fan os gringos.

Bueno, deixada a miña pequena rosmada... Non sei se escoitachedes falar nos medios americanos de que o que lles mola agora son as hamburguesas do In-n-Out e Shake Shack.... Pois o concepto que levan estes é o...

Smash Burger

Que é sinxelamente convertir unha albondigona enorme na hamburguesa:


A todos aqueles amantes de coñecer máis a fondo esta técnica aconsellolles ver unha pelicula de Joe Dante: The Howling (Aullidos), porque no principio da película vese detalladamente coma se preparan unhas hamburguesas de este xeito.  (Despois o resto da película está ben).

Oes, antes de seguir co choio... non vaiades a pensar que morro moito polas hamburguesas nen que como moito en elas. Pero coma pasa en todas as recetas básicas e clásicas: non hai que darlle moitas voltas, vese  ben fácil o que é e o que non é. O que gusta e o que non gusta. E o que é auténtico e o que é unha sofisticada ridiculez. 

Todo esto viña porque o outro día quedei atrapada nun centro comercial e comín no máis decente que parecía (unha hamburguesería) e sorprendeume moi gratamente descubrir que eran smash burgers.


Nen a foto nen a hamburguesa teén a mellor pinta do mundo, pero bueno, ahí tamén está o defecto de moitos sitios: preocupanse tanto do aspecto que esquecen que esta historia é para papara e punto. A carne estaba moi bóa, o torreznos eran grandes de máis, e veña, a comer e punto... 

O sitio é unha cadena que non hai en España, así que tampouco fai falla que fale do sitio. Pero sí comento que é certo que poñen sempre fan isto co ketchup:

Para que o post este non quede sinxelamente en algo anecdótico aquí vai o video que explica coma facer as vosas propias Smash Burgers na casa:

No hay comentarios: