miércoles, 30 de marzo de 2016

México ten unha chea de sorpresas a papar: Villa del Carbón

Moitos pensan (e eu tamén o fixen) que o Estado de México non é máis ca esa parte chea de casas e fábricas que rodea a Cidade de México. Pero o Estado de México é moito máis. É un estado moi grande ... ten climas e lugares variados, e acolle a moitas etnias diferentes con tradicións variadas. 

Esta fin de semana estiven nun lugar achegado á Cidade de México (hai unha liña de autobús casi urbana, se ben tarda casi 2 horas porque o camiño é ben fastidiado). O lugar chamase Villa del Carbón e está nas montañas (2600 m de altura, así que é fresquiño). 

Imos a ver que topamos alí...

Barbacoa de borrego

 Ainda que moitas veces pensase que a barbacoa famosa é a de Hidalgo, ó plato é tamén moi típico do  Estado de México (a ver, están pegados, teñen climas e culturas ben parecidas ... e administrativamente ata 1869, Hidalgo era parte do Estado de México).


A barbacoa estaba ben bóa. O consomé, estaba moi sabroso, sen estar demasiado graxo (que é un defecto que teñen algunhas veces). O que si que me pasara por vez primeira foi que me puxeron os tacos en tortillas azuis feitas no momento. Ise detalle agradecese moito. Canto millor sabe a comida cas tortillas recen feitiñas!

(Seguro que algún quere saber se as tortillas azuis teñen mellor sabor ... pois francamente, non teñen mellor sabor. O millo azul non sabe moito, é moi insípido. O cal non é necesasriamente malo. Porque nas tortillas neste caso comense cheas de outros ingredientes, e entón xa tes ahí o sabor que falta. E ás veces presta este sabor suave que non tape o outro)


Cousas que non tiña papado (nen visto antes)

Papas ... Papas?

Había varios campesinos a vender (entre outras cousas que traian das súas hortas) estes froitos/raices/choios vermellos:

Preguntando que eran, dixeronme que eran papas (coma lle chaman en México ás patacas) e que se comían crús. A min aquelo non me convenceu: non parecían patacas, tiñan máis aspecto de raices... ademáis, de sempre se dixo que as patacas hai que cociñalas, que son moi indixestas para comer crús.

(Sobre isto de non comer as patacas crús, pois pode que non sexa tan así, nunha ocasión que acabei nunhas montañas de China, descubrín que alí facían un tipo de ensalada con pataca sen cociñar, cortada en tiras: e comíase ben) 

Sexa coma sexa, mirade coma son por dentro. A min semellame máis a un tipo de rábano que a calqueira cousa que lle digan pataca. Ademáis comíase co pelexo e todo:



Pois eso, que eu coido que ainda que as chamen papas, son algún tipo de raiz emparentada co rábano.


Tamal de charales

Iste tamal non o vira nunca, pero algo lera sobre eles. Así que cando vin a unhas señoras vendendo este choio ennegrecido, compreille un para levar á casa:

Coma todos os tamales, está arrodeado de follas. Neste caso, follas que envolven a mazaroca. O chamativo deste caso é que normalmente os tamales fanse ó vapor. Pero non é a primeira vez que coma neste caso vexo tamales que se poñen ó lume (De feito, tamén aquí no Estado de México, algo do choio comín en Toluca: tamales feitos nun comal). Queimase un pouco o exterior, pero este queimado non chega a dentro.

Ahí vedes que dentro non estaba negro:

Vale, agora xa descubrichedes o choio. Que vos parece que é isto?


Pois son peixes. Os charales son uns peixiños moi cativos que viven nos ríos e lagos da meseta do centro de México. Son máis pequenos ca unha xouba, máis pequenos ca un bocareu. Sonvos realmente cativiños.

En xeral todos os tamales están feitos con algún tipo de masa vexetal: masa de millo no 90% dos casos, con algunhas especialidades locais que levan outro tipo de gran ou tamales de frijol (que estan feitos de frijol esmagado). Pero neste aso non hai masa alguna.... só peixes.

Por iso é tan especial este plato. Chamase tamal, porque ten forma de tamal, e cociñase parecido a un tamal, pero moi tamal non é.

¿Que coma estaba esta cousa tan rara? Bueno, moitos espantarasen do feito de que os peixes vaian enteiros, con cabeza, ollos e espiñas. Eu non teño problema, comense así sen repunancia. Gustaronme moito: sorprendeume moito este sabor. Ten un sabor moi intenso a peixe, é coma papar bocareus ou un peixe azul así de sabor moi marcado. O feito que se cociñaran ó lume envoltos nas follas, fixo que quedasen feitos entre asados e cocidos. Pareceume un inventazo. Follas de millo hai en Galicia, algún día verei de investigar de facer algo parecido con bocareus, furabolos ou algún peixe pequeno.

Postdata

Pois combinando as "papas" e o meu "tamal de charales" tiven a miña cena na casa. Vaia cea máis orixinal e inesperada resultou:


E de postre, xoconostles confitados e queixo de rancho... pero iso xa o contaremos outro día.

martes, 22 de marzo de 2016

Non hai 2 tortillas iguais...

... ainda que estén feitas a máquina ...



Xa postos, non sei se vichedes algunha vez a maquina dunha tortillería en marcha... así que aquí vai o video:


Hai varios modelos de máquinas de facer tortillla, uns mais grandes ca outros, pero todos sonche parecidos no tema do ruido. Fan este ruido tremendo que vedes no video, e botan moita calor. E estamos falando dun país na que na maior parte do territorio vai moita calor. Así que traballar nunha tortillería é bastante fastidiado.  

Nota, a máquina so transforma a masa nas tortilllas e as quenta por un lado e outro. A masa faise a partir de millo fervido con cal e logo triturado ou cun preparado que chaman Maseca. Os mexicanos sabenvos distinguir ben das tortillas de millo auténtico e as de maseca. E as tortillerías moitas veces din ben claro: "Tortillas de maiz, no de maseca".

Ah, se chegachedes ata aquí... mirade nas fotos das tortillas con coidado, hai unha sorpresa.