miércoles, 25 de mayo de 2016

Tacos placeros (o vale tudo dos tacos)

Voume meter en cristos, porque é algo que vai moito ca miña maneira de ser. Vou falar de cociña mexicana cando (a pesar de parar xa 3 anos por aquí) non debería falar. Pero rapaces... a cuestión non é ter razón, se non facer que a xente pense nas cousas. 

Coido que todos sabedes que un dos elementos fundamentais da cociña mexicana son os tacos. (Outra cousa é que se teña claro o que é ou non é un taco, que nin eu o teño moi seguro). Todos tedes visto ou probado e incluso cociñado (viva Old El Paso!) algo que tiña o nome de TACO

Unha das ideas máis extendidas no mundo sobre o taco é que o ti colles calqueira cousa (especialmente leituga) a metes nunha tortilla e voilá. (Este concepto gustalles moito nos restaurantes modernos en España, onde collen un petisco de carne ou pescado e algunhas verduras, e se cadra algo de salsa e xa teñen un petisco para meter no menú). 

Non sei, non é facil de explicar... por un lado, si que é certo que come calqueira cousa metida nunha tortilla. Pero non lle chama a iso un taco. O taco que en principio é moi diverso e hai mil variedades, ó cabo do rato descubres que ten uns ingredientes ou un concepto. E incluso moitas veces as salsas serven para un tipo de taco pero non se usan para outro. Non é facil de explicar é moi complicado. (Pero teñen a súa razón de ser, son anos e anos de experimentación histórica e sobre todo de elección democrática: se a xente non gusta da idea, non se converte nun taco). 

Pero o máis parecido á idea de que collense varias cousas cousas e comelas todas xuntas son....


Os tacos placeros


A razón de tanta "libertinaxe" é pola orixe de estes tacos. Chamanse "placeros", porque se tomaban cando as familias ían á "plaza" (de abastos) a facer as compras. Entón, comprabanse unhas tortillas e preparábanse tacos con parte das ocusas que se compraran. Case todo cru, ainda que algunha cousa xa cha cociñan na mesma plaza:

Hai outro pequeno detalle que moitos deixan fora, porque a moitos mexicanos non lles gusta nada: para que sexa un taco placer ten que levar pápalo. (Unha herba que sabe ben forte). 

No meu caso o outro día dinlle a preparame uns tacos placeros porque tiña un ingrediente que presta moito para este tipo de tacos: o tamal de charales (peixes xa cociñados dentro de folla de millo).

Tacos Placeros de Charales
Tacos placeros de charales

A receita que seguín libremente foi esta: Taco Placero (de mi abuela) (pero sen carne, só peixe).

E aquí tedes o video do making-of, por se nunha destas casualidades da vida, topades cun tamal de charales: 


1 comentario:

Unknown dijo...


Awesome! Its truly amazing article, I have got much clear idea concerning from this post. aol mail login