miércoles, 13 de julio de 2016

Setas e máis comida típica mexicana en Tlaxcala

Antes de nada, México está no hemisferio norte, así que agora é verán, coma aquí en Galicia. Pero por cuestións climáticas, resulta que nos meses de Maio a Setembro, son os meses húmidos en México (o que tradicionalmente sempre foi unha bendición, porque é cando os agricultores sementan, e combinaselles o calor ca chuva). 

Bueno, pois coma en México a chuvia ven en verán, resulta que en verán é a época do ano na que máis abundan as setas, ou hongos coma lles chaman os mexicanos.

Este mes de Xullo estiven en Tlaxcala (un pequeno estado nas mesetas centrais do País) paseando polo bosque e vin unha chea de setas/"hongos":









Estiven mirando en Internet, e na xa recomendada serie sobre a cociña mexicana do Canal Once, falan xusto de hongos na cociña tradicional tlaxcalteca:


A maior parte do programa centrase no relato das mulleres (que ainda que queiramos dicir o contrario, son as que levan a cociña tradicional en todos os lugares). E ademáis de cociñar, moi ben, explicanse de maravilla ¿a que sí?

Aquí podedes aprender moito, non só da cociña Tlaxcalteca, se non de moita da cociña do centro de México:

  • Aprendedes sobre o comal de barro (incluso coma se prepara) e da importancia das 3 pedras (que é a maneira tradicional de cociñar).
  • Tamén podedes ver o importante e o moito que lles gusta ós mexicanos o uso das setas (e se vos decatades, veredes que moitos de estes pratos son vexetarianos - outra cousa importante da cociña tradicional mexicana, que traballa moito sen carne).
  • Pero non, tamén hai carne, coma podedes ver na seguinte historia onde falan das diferencias entre o mole de festa e o mole de diario. 
  • E seguindo co mole... pois tamén descubrir a historia dun mole moi especial: o mole de ladrillo. 
  • E si, e logo fálase de insectos, tamén...
Vamos, neste pequeno video tedes moitísima información sobre a cociña mexicana. Máis instructivo non hai. 

No hay comentarios: