domingo, 12 de noviembre de 2017

Así de repente....

Outra vez pasou. Sabado tarde, e de repente entranme ganas de ir a algún dos resturantes 'top' de Cidade de México... ¿Reserva con 2 horas de antelación? ¿Iso é posible?

O primeiro, ... ¿porque insisto en ter antoxos súbitos cando esto dos restaurantes é mellor planificalo? ¡Porque son así! Ademáis moitas fins de semana estou ocupado en outras cousas ou non sei se poderei ir así que non podo planificar tanto. Pero principalmente, é que entranme ganas no momento de comer algo especial.

Xa case comeza a ser un reto. En vez de dalo por perdido, collo o teléfono e tento chamar a uns cantos restaurantes para ver se teño sitio. Habitualmente non funciona moito, pero desta vez tiven sorte e conseguín mesa. (Outra excepción máis á famosa Lexendaria Mesa Imposible). (Por contra, o restaurante #1 da cidade agora xa só acepta reservas con OpenTable e non había mesa disponible segundo a súa web, así que non foi un 100% de éxito, se non un 50%).

Por un momento pensei que non ía a funcionar, porque coma fora a pasear polo parque, estaba vestido moi trapalleiramente: cuns vaqueiros vellisimos, zapatillas e un forro polar (o complemento máis abrigadiño e menos elegante). Pero ... non houbo problema algún. Deixaronme entrar, e trataronme coma ós demais (ainda que o resto dos comensais estaban coma 1000 veces mellor vestido ca min).

Bueno, pois tiven sorte. Nen é imposible conseguir un bó restaurante un sábado noite, nen fai falla ir tremendamente preparado para o choio. 





2 comentarios:

Javi Polo dijo...

Pero... pero... e a emoción esta da anticipación, de que se vai achegando o día para no que reservaches e que supostamente ten que ser algo especial? Se é casi tan importante como a comida en sí! ;)

Xose Ramos dijo...

Bueno, non sei... esto debe ir en gustos. A min gustame tomar decisións de maneira impulsiva ... ainda que o teña planificado de moito antes. De feito adoito a ter unha lista de restaurantes que me apetece ir... só que non tomo a decisión ata o momento.

Pero tes unha parte e razón interesante, o tema da anticipación. Pero en realidade eu tampouco lle daría moito tema o da anticipación, porque habitualmente cando fago unha reserva, esquezo de ela ata o día.