martes, 9 de enero de 2018

Maximalismo: La Torta de la Barda



Eu son quen valora como o que máis o minimalismo na cociña: pratos de 2 ou 3 ingredientes … pero ás veces hai que pensar no contrario: platos con moitos ingredientes.

Coma esta torta (bocadillo) mexicano de 10 ingredientes (e salsa): 

Estas chámanse Torta de la Barda e son típicas do norte de México: Tamaulipas (pegado a Texas). E chamanse así porque no seu momento comenzaron a venderse no muro (barda) que separaba as vias do tren do porto de Tamaulipas. Así que tiña que ser un plato enerxético, porque era para os estibadores e traballadores ferroviarios: moitas calorias para poder aguantar o día. 

E que é o que leva a torta e vamos a comenzar o reconto:
  1. Xamón cocido 
  2. "Queso de puerco" (que é nin máis nin menos que o embutido de cabeza ou "cabeza de jabalí" que temos en España) 
  3. Frijoles negros refritos ( isto é clásico de case calqueira torta mexicana, e por se non vos parecía que había porco suficiente, os frijoles deberían estar fritos con unto de porco) 
  4. Queso amarillo
  5. Queso blanco "desmoronado" (isto é desmigado)
  6. Chorizo frito
  7. Carne de vaca en febras
  8. Tomate
  9. Cebola
  10. Aguacate 

Ademáis de todo esto, e por se vos parecía que había pouco porco no bocadillo, a tradición e tomar este bocadillo cunha salsa de tomate (verde) e chile … e "chicharrones" (que son coma os rixóns crocantes). 
  • Salsa verde con chicharrones

O interesande do choio é que coma é moi habitual en México, en lugar de metelo en media barra de pan, ou nun bolo bastante grande coma facemos en Galicia, metense todos estes ingredientes nun boliño bastante pequeno. Co que a verdade, entre a cantidade de cousas que leva dentro e que hai que meterlle salsa, pois hai que ter bastente habilidade para dar comido todo sen que che anden caendo cousas por ahí. (Cousa moi habitual na comida mexicana, que sempre ten unha certa complexidade para comer cas mans).

Ademáis da Torta de la Barda, parece que en tamén hai a versión de meter todos os ingredientes enriba dunha pellizcada (coma unha gordita). Neste caso podedes ver se cadra un pouco máis claro que na torta todos os ingredientes:

Para completar a xogada, os Tamaulipeños acompañan estes contundentes platos con… refresco "de Hierro": 

No hay comentarios: