miércoles, 21 de febrero de 2018

Pistas: ¿Southern BBQ? ¿Porco Rosso?

Me atrae mucho el concepto de Southern BBQ (o sea, la barbacoa que preparan en el sur de los USA: la que está hecha cocinada y ahumada al tiempo y untada en salsa). Se que hay varias cadenas de comida que dicen ofrecer BBQ en Ciudad de México pero ninguna de ellas me ha parecido gran cosa. Realmente parece que está ofreciendo platos recalentados. 

Por contra el Porco Rosso que hay en Roma (y en otras partes de la ciudad, pero prefiero el Porco Rosso de Roma porque es al aire libre) me gustó: 



Eso sí, vayan advertidos, el lugar es caro. Pero para ir un grupo de amigos, dado que se pueden compartir los cortes, es conveniente.

Porco Rosso Roma
Zacatecas 102, 
Roma Nte., 
06700 Ciudad de México, 
CDMX, Mexico

lunes, 19 de febrero de 2018

Pistas: ¿Tacos en Santiago? ¿Old Skull Tacos?

A ver, hai un sitio para tomar "tacos" en Santiago de Compostela.... Old Skull Tacos (por San Clemente). 

¿Que tal é? Pois recomendable, ide probar. 

(Os tacos "non hai collons")

A ver, o Skull non é nada tradicional mexicano (faltalle: teñen que dourar mais as tortillas, cebola e colantro, e mais carne grasosa - pastor ou carnitas ). Pero é unha taqueria "fashion" estilo Condesa ou Roma (vamos que en CDMX hai tacos asi - poucos pero hai). 

Autenticidade ou non, os puntos fortes son:
- especializados en tacos e podes pedir tacos soltos (e mais unha taqueria ca un restaurante) 🙌 
- guisos jugosos (e hai veganos e de marisco) 👍
- a salsa picantisima: esta feita de habanero fresco ✌️


(Unha das cousas boas e que podes encargar un variado de todos os tacos)


(O burrito è grande e abundante, pero eu prefiro os tacos)

OLD SKULL TACOS 💀 
Rúa de San Clemente, 2
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España

sábado, 17 de febrero de 2018

Coma New York: pizza a porcions

Non hai nada mais de New York cas "pizza slices". Que son eses triangulos de pizza linguisimos, moi vermello (moita salsa de tomate parece ser importante ma receita). 

Para min o neoiorquino non é tanto o da "pizza" (que hai en mil sitios), se non o "slice". O de vendelas en porcions soltas e andar rillando unha soa (eso si, grande) pola rua. 

A "pizza slice" è puro NY.

Ata que vas a Mexico e descubres que o de andar cun cacho de pizza pola rúa é totalmente habitual. E tamen o de vender pizzas xa feitas a porcions. E incluso din "rebanada" (que é a traducción directa de "slice"). Pero se ben teñen a forma e o tamaño das neoiorquinas, as mexicanas son de masa gorda) e teñen pouco tomate (no país do tomate: certo é que os mexicanos logo untanas de ketchup). Estas pizzas estilan nos barrios populares e pobos mecicanos (non os veredes nas zonas bien).

Toda esta historia ven porque temos unha pizzeria que vende a rebanadas en Travesas:



A pizza non é estilo New York, e as porcions son mais anchas e pequenas.... pero canda menos a opcion de rillar cachos de pizza pola rua existe.

(Sei que sempre houbo pastelerias que vendian rectangulos ou minipizzas, pero non eran nen choios parecidos) 

domingo, 4 de febrero de 2018

Restaurante Kero (Vigo): Peruano & máis alá

Non sei canto tempo leva aberto exactamente (porque pasei estes 3 anos máis tempo en México ca en Vigo) pero canda menos si lembro que levo máis de un ano vendo o restaurante Kero (que está pola zona de Montero Ríos-Plaza de Compostela). E xa lle tiña ganas. Pero non tiven ocasión (porque paro moi pouco tempo en Vigo e non daba topado tempo). 

Kero anunciase coma restaurante peruano, e certo é, porque o seu chef e creador é peruano. Pero Kero é algo máis ca un restaurante de cociña peruana,… coma ides ver pronto. 

Eu fun a probar o menú degustación (35€) e tamén pedín a opción de maridaxe (5 viños, 11€). Hai tamén menús máis curtos, e tamén se queredes podedes escoller na carta. Vamos, hai para todas as opcións. (De feito hai menús do día de 14€ e 19€) 


Eu sempre recomendo comezar co Pisco Sour. Xa sei que en España somos máis de tomar os cocteles coma dixestivos (ou sexa despois), pero eu coido que os sours son máis aperitivos así que vai perfecto para comenzar. 

A nota, importante, non fagades coma fixen eu de langrán: as dúas gotas de Angostura non hai que deixalas aí no medio, hai que remexer un pouco co cano para que quede un dibuxiño. Ha saberbos ainda mellor. 


Para ir petisqueando, unhas chips de platano feitas na casa, cun chisco de picante e varias especias. 


O aperitivo para ir facendo dente era una fusión galego-peruana: "patacones" (que non son patacas, son platano macho frito) con chourizo ceboleiro galego (a receta orixinal amazónica faise con cecina, e a cecina en Perú é de porco especiada con pementón, así que por iso semella o chourizo), con esas boliñas de guacamole. 


Máis fusión pero de outro tipo, peruana-xaponesa. Neste caso son gyozas de "sudado de pescado" cuberto con crema de langostino. Si, xa sei que o nome do sudado non vos presta, pero trátase dunha receta típica peruana algo semellante a unha caldeirada de peixe.

 

Xa estaredes pensando … ¿aquí non hai ceviche? Pois claro que sí. Neste caso, preparou un ceviche clásico, non tan clásico de lubina, que non lle faltaba nada: isto é, a lubina, o limón, a cebola morada, o boniato (as boliñas de puré laranxa), 2 tipos de millo, o blanco e o marelo fritro. Pero ademáis tiña un par de toques novedosos: había feito uns crocantes co pelexo da propia lubina e algas en tempura. Só por probar este ceviche tedes que pasar polo Kero. 


Champange francés coma parte da maridaxe.


Mar e montaña… e non teño 100% claro se esto é un plato típico peruano ou un invento de Juan: guiso de tendóns de ternreira con mexillóns. Mar e terra. Todo nun plato. Outro dos momentazos do menú.


Unha merluza cociñada a baixa temperatura, con puré de patata e salsiña de marisco. 

E xa pasamos ós postres:


Aquí temos varios merenges, xelados, cremas e doces. 


Outro dos imprescindibles é unha razón para ir a Kero: a súa versión do suspiro limeño. Neste caso é doce, ácido e refrescante (esa espuma de limón) e ten un chisco salgado no fondo de galleta. Tedes que probalo. E o mellor que teña probado nos varios restaurantes que teño ido (e estiven no de Gastón Acurio, e non é tan bó coma o de Kero). 


Pero gardade un pouco de sitio para o final, porque Juan fai uns "petit fours" abraiantes. Os de chocolate son de estes que te queres sacar os ollos do bó que está, a fruta glaseada esta tremenda. 

Moi, moi, recomendable.

E non só para curiosos pola cociña peruana. Estamos ante un restaurante dun cociñeiro peruano, pero que ten traballado moitos anos con grandes cociñeiros en España, así que tamén tedes a ocasión de probar da cociña e das técnicas máis modernas que poidades ver polo mundo (e sen necesidade de sair de Vigo).