Hoxe probei a cociñar unhas peitugas de polo cun toque diferente. Fíxenas en tiriñas coma esas que nos poñen nos restaurantes chineses. Levaba as suas verduriñas pochadas a lume lento (cebola, porro en pouca cantidade, pemento verde e máis vermello e un dentiño de allo) e un pedaciño de pulpa de tamarindo, coma no cantar, que lle deu un toque ácedo moi gostoso. A continuación botei o polo á tixola e despois de se dourar un pouquiño salgueino e pimenteino con pementa de Xamaica (xa sabedes que son asidua). Rematando, e levantando o lume, botei por riba un chorriño de salsa de soia e mais un pouquiño menta picada. Non era fresca senon picada e conxelada previamente. Deulle un aroma moi agradable e mesmo un aire oriental moi especial.
Acompañeino dun arroz en branco ao que lle botei no lume unhas gotiñas de zume de limón. Hoxe deume polos cítricos. Non hai foto...
Apuntado queda, que ten unha pinta boísima.
ResponderEliminarE noraboa polo cambio de imaxe do blog.