Pizza
Hoxe finalmente tiven ocasión de parar por alí e na miña opinión son exelentes (e do estilo que a min me gustan): a masa está moi ben feita (masa fresca, feita a man, finiña, ben cociñada - ata o borde queda un pouco churruscado, que é indicación de que saben darlle o punto). Tamén gustoume moito o tomate (non é salsa de tomate recocida se non que ainda ten o seu puntiño puoco feito, moi refrescante) e o queixo. E ademáis, a precio moi axustado (menos de 10€). Combinanto do esto, pareceme xenial.![]() |
| piza con tomate, tomate y alcaparras |
Foccacia
Por certo que terei que voltar algún día a probarlles a foccacia. Ademáis de pizzas o restaurante ofrece varios tipos de foccacias, cousa que ten moito sentido porque o dono é de Liguria (a foccaccia é a fastfood típica de Liguria, da mesma maneira que a Pizza o é en Campania).Postres e máis
Ademáis de pizzas, foccacias, lasagnas e outras cousas, o restaurante ofrece postres, coma o tradicional tiramisú (artesano) e xelados feitos por eles mesmos (moi bós).Por poñerlle un pero, que o sitio é moi pequeno e non é espcialmente cómodo para ir comer alí, pero agora que vai comenzar o bó tempo vai ter unha terraza fantástica para poder cenar disfrutando da brisa (que levanten os autobuses que pasan por Martinez Garrido, que tampouco é que teña unhas vistas especiais)
La Piccola Italia (mapa)
Jenaro de la Fuente, 16
36206 Vigo (PONTEVEDRA)
Teléfono »
986 119 488

Veño de descubrir que La Piccola Italia leva aberta dende 2009, coma non podería ter sabido de ela antes. Vaia mediofoda. Bueno, serva este post para darlle máis preeminencia e que outros que non soupesen de ela xa a teñan identificada.
ResponderEliminar