martes, 10 de abril de 2018

... para min o taco de rúa

Para cada quen o seu. 

Hai moitos que prefiren as taquerías de cadena. Que teñen as súas avantaxes: tes mesa, tes silla, tes teito. Podes pagar con tarxetea, non ves coma cociñan os cociñeiros (bueno, a maioría teñen a plancha ou o trompo á vista), os seus tacos sen queixo, con queixo (volcanes), con moito queixo (costra)....

Pero non para min. Aburrenme moito os seus tacos. Notolle que lles falta: a carne ven reseca, as salsas non son gran cousa, e para nada quero queixo fundido. Non lles teño nengunha gana.

Eu son máis de tacos de rúa. Vale que son incómodos, hai un risco, e a comida é graxa. Pero peor é o engano de comer tacos 'aparentemente light'. Mellor comer menos tacos e máis no punto, que moitos resecos e mal feitos.

Pero o meu xefe delegacional (coma o alcalde do barrio donde vivo) ten ganas de fastidiarme e pecha todos os "changarros" que hai por cerca da miña casa.

De cando en cando reaparece algún mentras non o localiza a policía.

Cal é o segredo dun bo taco de changarros:

  • Moita cebola e cilantro (chámase "verdura")
  • Salsa que mata ou que fai morrer
  • Tortillas quentadas na grasa da plancha (quedan un tanto crocantes)
  • Carne (ou tripa, ou chourizo) graxa, pero tenra 






No hay comentarios: