jueves, 16 de enero de 2025

Calendario de advento de Bigcrafters (I)

Este decembro a miña familia regaloume un calendario de advento de Bigcrafters, con unha cervexa para cada día do mes ata Noiteboa.


Unha cousa que me decepcionou un pouco é que a caixa está chea de variedades de Estrella Galicia, que son os propietarios de Bigcrafters. Entendo que isto pode ser incluso atractivo para xente que non coñeza a marca, pero Estrella Galicia é a miña cervexa "local" e atopar una botella de 1906 baixo o día 5 foi un pouco desilusionante: o que me gustaría sería descubrir 24 cervexas novas.

Aínda non bebín todas as cervexas da caixa nin moito menos, pero nas cervexas que correspondían á primera semana hai algunas cousiñas que me pareceron interesantes.

Día 1: La Estrella de Galicia "receta original"


Sabedes eso que din os de Estrella Galicia de que a súa cervexa foi "constantemente mejorada por cinco generaciones de la familia Rivera"?

Pois algo debe ter de certo, porque na miña opinión unha Estrella Galicia de hoxe é unha cervexa moito mellor que esta "receta orixinal", que me sorprendeu por ter pouquísimo corpo e un aroma e sabor bastante indefinidos.


Mentres bebía esta cervexa din en pensar no concepto das "cervexas de verano", esas cervexas lixeiras que a xente fantasea con tomar fresquiñas nunha terraza cando apreta a calor... unha Cruzcampo, vaia. Esta cervexa non é mellor que unha Cruzcampo. Queda dito 😈.

Día 2: Nós 1809 Dubel


Para min a sorpresa desagradable da caixa ata o de agora foi esta 1809 Dubel, que ten un punto de alcohol moi desagradable na boca que para min impídeme desfrutar desta cervexa.


Valoro o traballo que fan en Nós, e penso que fan cervexas que valen moito a pena... pero o certo é que non fun quen de rematar esta variedade en particular (que, por outra banda, dubido se seguen a producir porque non aparece na súa web en este momento).

Día 3: Naparbier Bárdenas


Probar esta Bárdenas foi unha experiencia moi satisfactoria, porque dende que a abres todo che di que vai a saber como unha triple belga: a cor, a apariencia da escuma, a textura, o olor a cereal tostado...

Pero o mellor é que cando a probas É UNHA TRIPLE BELGA, unha cervexa equilibrada cun punto doce agradablemente goloso e un corpo consistente.


O día seguinte de probar esta cervexa tiña un recordo tan bo que din en pensar se non me estaba enganando a min mesmo, así que púxenme a buscar reseñas en internet para comprobar se o que sentira o día anterior "era o correcto".

Por esta vez internet parece estar dacordo comigo: a lembranza ás dobles belgas, o marcado sabor a cereal... non me estaba enganando: esta cervexa é algo moi serio.

Día 4: Brewdog Wingman


Ía dicir que non son moi fan das cervexas de Brewdog pero non é certo, o que non me gusta demasiado é a Punk IPA porque o lúpulo se me fai moi agresivo (true fact: a Punk IPA faime pensar no meu avó segando a herba coa gadaña 🙊).


Esta cervexa non me pareceu o mesmo, neste caso quedeime cunha sensación refrescante e un regusto a cítricos que me resultou moi agradable. Voltando ó concepto de "cervexas de verano", a Wingman é unha IPA lixeira e fragante que penso que sería moi disfrutable nun día de calor.

No hay comentarios: