O restaurante medio segredo... que non é tan segredo porque canda menos entre a xente de Vigo xa se está a coñecer ben e cando vas, xa ves que teñen moita clientela, e ademáis unha clientela variada de idade (que eu coido que é unha cousa importante para que un proxecto funcione ben, que a clientela sexa variada).
De Camucha eu supera da súa apertura... ou reapertura, porque unha das razóns polas que ten unha data no nome é porque este negocio xa existía antigamente, ainda que antes era máis bar e agora é máis restaurante (o mundo cambiou). Pois supera do sitio porque vira fotos en Instagram dos seus pratos e tiña bóa pinta.E logo nesto das cousas curiosas, un día de inverno estaba en Madrid tomando un viño e coincidiu que entablei conversa cos rapaces que estaban na mesa da miña beira, e contaranme que pasaran o verán en Teis (sitio curioso para pasar o verán, pero que si que ten que estar ben) e xusto o Camucha estaba ó lado, e cando descubriron a súa cociña foron múltiples veces.
E entre o que ves no Instagram e o que che conta a xente, pois alá imos. E probei a súa cociña e disfrutei moito e teño xa enormes ganas de regresar.
Pois para beber, ainda que o meu plan era ir a comer peixe e máis peixe, pois tiña en mente a gamberrada de tomar un viño tinto. E nisto, propuxéronme este Monastrell (et al.) de Jumilla. Si, un viño super mediterraneo, pero bóa suxerencia porque ainda pola súa orixe é un viño bastante fluido e non se lle notan eses 14º. E ademáis ten un prezo ben axeitado.
![]() |
E despois pois probei as ameixas á mariñeira que teñen.
De postre, pois de todas as cousas que tiñan quedei ca torrija con xeado. Tenriña e sabrosa, e así quentiña facía excelente contraste co xeado.
Vamos, o dito, un lugar excelente e levo xa meses desexando regresar (no verán andaba a outras cousas e agora no outono tamén tiven moita viaxe, pero unha semana destas vou seguro seguro).








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.