martes, 11 de noviembre de 2025

Camucha 1963 (o segredo non tan segredo de Teis)

O restaurante medio segredo... que non é tan segredo porque canda menos entre a xente de Vigo xa se está a coñecer ben e cando vas, xa ves que teñen moita clientela, e ademáis unha clientela variada de idade (que eu coido que é unha cousa importante para que un proxecto funcione ben, que a clientela sexa variada). 

 De Camucha eu supera da súa apertura... ou reapertura, porque unha das razóns polas que ten unha data no nome é porque este negocio xa existía antigamente, ainda que antes era máis bar e agora é máis restaurante (o mundo cambiou). Pois supera do sitio porque vira fotos en Instagram dos seus pratos e tiña bóa pinta. 

E logo nesto das cousas curiosas, un día de inverno estaba en Madrid tomando un viño e coincidiu que entablei conversa cos rapaces que estaban na mesa da miña beira, e contaranme que pasaran o verán en Teis (sitio curioso para pasar o verán, pero que si que ten que estar ben) e xusto o Camucha estaba ó lado, e cando descubriron a súa cociña foron múltiples veces. 

E entre o que ves no Instagram e o que che conta a xente, pois alá imos. E probei a súa cociña e disfrutei moito e teño xa enormes ganas de regresar. 


 Pois para beber, ainda que o meu plan era ir a comer peixe e máis peixe, pois tiña en mente a gamberrada de tomar un viño tinto. E nisto, propuxéronme este Monastrell (et al.) de Jumilla. Si, un viño super mediterraneo, pero bóa suxerencia porque ainda pola súa orixe é un viño bastante fluido e non se lle notan eses 14º. E ademáis ten un prezo ben axeitado. 

Antes de comezar poñen para ir abrindo o apetito a manteiga aromatiozada que preparan eles (a manteiga xa ven feite, pero son eles quenes a aromatizan). O que tardei tanto en publicar o post que xa esquecín de que sabor era. Excelente.  

De entrantes pois unha das súas empanadas. Neste día tiñan empanada de congrio.Tremenda, ademáis moi orixinal porque xa cansa un pouco tanta zamburiña, esto do congrio non se toma tanto. 

E despois pois probei as ameixas á mariñeira que teñen. 

De postre, pois de todas as cousas que tiñan quedei ca torrija con xeado. Tenriña e sabrosa, e así quentiña facía excelente contraste co xeado. 

Vamos, o dito, un lugar excelente e levo xa meses desexando regresar (no verán andaba a outras cousas e agora no outono tamén tiven moita viaxe, pero unha semana destas vou seguro seguro). 

Camucha no Instagram
 

No hay comentarios: