domingo, 29 de marzo de 2026

Café de Andar por Casa: Lugares onde mercar café en Vigo

Hai 5 anos publicamos un post onde recomendábamos Buenos sitios para comprar café en Galicia. Moito ten cambiado o mundo do café dende aquel momento e foi subindo o número de sitios, o estilo do café que se vende e por desgracia tamén os prezos. Imos deixar ese post coma foi escrito para que quede referencia histórica de coma era o mundo do café hai non moito tempo. Pero vou tentar deixar un pequeno listado útil de moitos dos sitios onde podedes mercar café pola parte de Vigo (xa o de facer un listado de sitios por toda Galicia fáiseme bastante compliado, mellor vou centrarme nos sitios onde estou mercando café cada dúas semanas). 

Todos os sitios que comento aquí téñolles comprado o café, e recomendo todos. Pero claro, agora mesmo todos sodes xa conscientes que hai varios niveles de calidade no café e tamén diferentes prezos. E non necesariamente o café máis caro vai ser o voso favorito. En moitas de estas tendas que comentamos podedes probar os cafés antes de mercar e así decidir. Eu no meu caso gosto de ir saltando de tenda en tenda e ir probando cousas diferentes que non coñezo. 

Torradores tradicionais 



Pequenos Torradores de Cafés de Especialidade en Vigo e Arredores



  • Forest Coffees. Podedes mercalos en Sabor Maestro, en Marques de Valladares. Son cafés de especialidade de diversas orixes que torran en Vigo. Estaban propoñendo 4 gamas, que describen con cores e nomes descriptivos coma Traditional, Sweet, Exotic, Strong e Citric (o descafeinado nesta ocasión). En todos estes cafés son dunha orixe específico, cafés de finca e con todo o detalle. O que fan un chisco diferente e que escollen fincas e orixes de tal maneira que axusten a un de estes perfiles. Así o cliente vai ter sempre 4 perfis de sabor sen ter que andar a investigar entre varias orixes. Instagram: https://www.instagram.com/forest_coffees/
  • HiDay. É unha cafetería de especialidade que esta nos baixos do Colexio de Arquitectos (pegados a Principe). E encarga que lle torren café para a súa marca. Un de eses torradores son os de Singular en O Grove, co cal podedes mercar café dun microtorrador das rías baixas sen sair de Vigo. Neste caso as orixes e os cafés van variando segundo os meses. Pasade pola cafetería, pedide uns cafés, e se vos presta ... podedes mercar un paquete para levar a casa (en gran ou moido). Instagram: https://www.instagram.com/hiday.coffee/
  • El Club del Café. Neste caso Club del Café son uns torradores de Pontevedra que tamén teñen cafetería e tenda en Vigo: en Velazquez Moreno. Cafes de especialidade de diversas orixes (segundo haxa disponibilidade de lotes) pero sempre haberá café de Brasil, de Colombia, de Etiopía, Kenia e algún centroamericano. Na súa web podedes ver un pouco que cafés teñen torrados: https://clubdelcafe.es/ 
  • Papayo Coffee Roasters. Neste caso están en Cangas do Morrazo, onde teñen unha pequena cafetería e un torrador (teñen a máquina de torrar dentro da propia cafetería). Aquí tedes seguro que todo o café é Colombiano. Porque o torrador e propietario é colombiano e aproveita o seu coñecemento do país para traer a Galicia o mellor do café de Colombia. Que non vos pareza que non vai a haber variedade, Colombia nos cafés de especialidade ten moitas variedades e perfís de sabor. En Papayo haberá sempre algún café que vai prestar co teu gusto. Instagram: https://www.instagram.com/papayocoffeeroasters/

Café italiano de torrado artesanal

  • Coffee Passion Galicia. Saindose un pouco do mundo do café de especialidade de tendencias anglosaxonas, en Coffee Passion (Lopez Mora, onde a Policía Nacional) propoñen café torrado en italia (pero non nunha multinacional, se non nunha pequena torradora). Se sodes de espresso e gustades ese carácter italiano, aquí este café tenvos que encantar. Tamén vende café de especialidade e diversas orixes ademáis de blends específicos para espresso. Ademáis a tenda é unha pequena cafeteria:  podedes probar café preparado nunca cafetera de palanca coma se estila no sur de Italia. Unha cousa moi especial. Instagram: https://www.instagram.com/coffeepassiongalicia/

miércoles, 11 de marzo de 2026

Repolo xiang guo - Col Ganguo - 手撕包菜

 


Mirade, pois xusto hai uns días compartía unhas fotos da comida do restaurante América en Madrid, e esta semana estaba mirando as fotos e din en facer un dos seus pratos con repolo. 

A "Col Ganguo" ([sic] así dicía no ticket do restaurante) ou "Col al estilo olla" (tamén dicía no menú), chamoume a atención porque cha traian nunha perola metálica con lume abaixo e estaba cociñandose na mesa (e quedaba bastante churruscada coma vedes na foto). 

E logo mirando en Internet ainda é máis curioso porque dependendo da traducción o "ganguo" (ou "xiang guo") dinlle "hot pot". Pero claro, normalmente falan de hot pot con algo que ven con moito caldo e isto non ten líquido por ningún lado.  Pero aquí xa en linguística e etimoloxía non entro ... 

Eu animeime a tentar facelo na casa e estiven buscando receitas online. Hai unha chea pero a que máis me chistou sería esta: 

Fixoseme interesante que insiste en dúas cousas: cortar o repolo ca man (nada de cortar con coitelo) e logo que torra o repolo en seco antes de facer o guiso. Ambas cousas (que o repolo estaba cortado irregular) e que o repolo quedo ubastante requeimado nas esquinas estaba no prato que tomei no restaurante. Así que considerei que estaba ben. 

E digo que o prato é sinxelo e resultón. O de cortar os cachos do repolo cas máns é moi gratificante. Eles din que é moi importante para o resultado do prato. Logo é curioso o que fai de "torrar" o repolo en seco (outras receitas non fan, pero coma dixen, no restaurante o repolo comezaron a cociñalo en seco así que quedo co tema). Hai momentos nos que pensas que a cousa vai rematar mal (que vas estropear a tixola co de cociñar en seco, pero non pasa tal). 

O resultado é moi agradable, e un chisco diferente da típica verdura salteada china (que é coma que teñen centos de pratos de verduras así feitas). Está máis crocante, non sei se polo de torrala antes ou porque os cachos estan cortados a man ou qué. Probade e xa me diredes. 

Nota adicional, que coma vedes nunha das fotos ademáis dos chiles metinlle unha boa cantidade de pementa de Sichuan (花椒). Que era unha especie da que tiña escoitado moito e sobre a que tiña moita curiosidade. Sempre se dixo que pica moito pero que non é nen coma chile nin coma pementa. Bueno, eu sempre a tomara en pratos xa preparados con outros sabores e non tiña claro exactamente que parte de sabor daba. O outro día topei esta pementa no super asiático do barrio e merquei. Neste caso podo dicir que me pasei na cantidade no prato. A ver, comese ben e non morres, pero sobresae moito no sabor. Con dous ou tres grans era millor.  

E coma extra inclúo un video en chino de eles facendo a receita. Para que vexades que a cousa é auténtica auténtica (eu son moito de ver videos ce cociña incluso en idiomas que non entendo, moita xente fai videos curtos e ben explicados que podes entender ben todo sen saber sequeira que están dicindo). 


viernes, 6 de marzo de 2026

Hario Mini-Slim Coffee Grinder: Lo bueno y lo malo

No contaba yo que tuviera interés comentar mi experiencia con Hario Mini Slim+, pero me he fijado que cuando voy por tiendas de café suele estar a la venta en las estanterías. Así que se debe seguir usando y a lo mejor a alguien le interesa comprarlo. Y yo llevo 5 años usándolo, así que algo de experiencia tengo. Voy a ir al grano 🤣 y no me voy a enrollar mucho. 

Lo bueno: 

  • Es robusto, duradero y funciona muy bien. Han pasado 5 años y todas las piezas están bien. La  muela  de cerámica sigue funcionado (igual de bien o mal, ya comentamos) que el primer día. 
  • Su forma y tamaño son muy cómodos (es muy ergonómico para sostener mientras mueles). 
  • Se puede limpiar fácilmente (si yo creo que las cosas hay que limpiarlas de cuando en cuando) incluso con agua. 
  • Tiene un precio bastante asequible. Hoy mismo veo online que varía entre 40€ en la web del fabricante  y 30€ de un vendedor de Amazon. A más de 40€ si que ya no se yo si me animaría a comprarlo. Si está económico me parece ok. 


Lo malo: 

  • Cuando lo pones a moler grueso queda el molido bastante irregular: trozos grandes, pero tambien pequeños y incluso porlvo. Para filtro o cafetera de embolo estas partículasa finas son un problema.

  • Cuando mueles fino entonces si ya no hay problema, la molienda queda bastante homogenea. Pero al moler fino se puede dar el problema de que se atasque y vaya avanzando muy lento y entonces te echas más tiempo del esperado.

  • En resumen, para molido medio es cómodo y rápido pero queda un poco irregular con lo que puedes tener posos en el embolo y extracciones. Y si lo quieres para molino fino pues supone bastante esfuerzo y se atasca bastante. 

Nada, pues ya con toda esta información tu decidirás. Que seguramente tu decisión sea la de ir a comprar otro molinillo! 😁 

Pero bueno, yo si quiero comentar que ...

  • Yo estoy contento con el y de momento no me planteo cambiarlo. He mirado varias de los cientos de opciones que hay en el mercado... y lo que veo es que en los otros modelos mejores se centran mucho en conseguir un buen molido fino para espresso. Como justo yo no tengo tanto interés en tener un molinillo de mano para moler fino, no me interesa. 
  • No he notado gustativamente mucha diferencia entre mi molido irregular y el molido medio de tienda. (También es que creo que tanto la de émbolo como la aeropress son bastante indulgentes con respecto a la extracción). A lo mejor tengo un poco de posos de más con la de émbolo pero no me es un problema serio. 
  • Lo que si creo que si aporta mucho es el poder guardar en casa el café en grano para que mantenga lo máximo el aroma y disfrutar de café recién molido cada día. Y si no quieres gastar 70 o 100€ en un molinillo bueno, este va da darte esa funcionalidad. 


miércoles, 4 de marzo de 2026

A "Pequena Lima" ou o encanto do menú do día peruano en Vigo

 En Vigo xa tiñamos dende hai algún tempo uns cantos restaurantes peruanos. E xa tíñamos falado de eles fai tempo aquí en Laconada de Kero e de Vinoteca Época. Pero van abrindo cada vez máis restaurantes, tamén moi peruanos pero un tanto diferentes. Coincide que case todos estan abrindo pola parte dos Choróns / Calvario / Travesía de Vigo.  Entón casi se pode dicir que esa zona é a "Pequena Lima" ou "Pequena Arequipa", ahí hai unha chea de bares e restaurantes peruanos. 

O de un tanto diferentes é que estes bares e restaurantes son para os peruanos que viven en Vigo. Case todos teñen música, funcionan moito como bares (ou hai tanto xente comendo coma só xunto cos amigos) e podes coincidir con que están facendo unha celebración e un cumpreanos, pero millor que así teñen moita vida. (E se alguén pensa que non vai ser benvido non sendo peruano... a min teñenme acollido moi ben e coido que si lles encanta compartir a súa cociña con todo o mundo e sempre me preguntan se comín ben). 

O que sí, e que eu de festas e tal non sei porque principalmente estou indo a estes sitios ó mediodía. E entón a cousiña está tranquila, só está xente comendo ou falando. Porque o que vou falar aquí e de ir a xantar durante a semana nestes restaurantes e tomar o seu menú do día. Porque no menú do día vanche cambiando os pratos de cando en cando e moitas veces incluen pratos que non teñen normalmente na carta. E é moi xeitoso probar tamén en racións máis pequenas. 

E ainda que fale de menú do día, todos estes lugares teñen carta nas ceas e nas fins de semana (e moitos de eles, na fin de semana fan pratos máis complicados e especiais, así que preguntadelles). E se o menú do día é bo, pois a carta tamén vai ser! 

Mama Cata

Fina estampa descubriuma un amigo que pasa moito por Travesia de Vigo hai un tempo. Eu apunteino para ir. E logo un día que tiven que ir por un tema pola zona ó mediodía, vinlles o cartel no que anunciaban o menú do día e parei a comer.

Naquel día descubrín a Sopa de Morón. E o Picante de Carne (que cruiosamente non picaba moito, pero coma sempre trouxeron ají para que lle botase un a vontade). E inclue postre. 

Moi rico o menú. Merece a pena regresar, e incluso seguro que a súa carta que é moi amplia estará moi ben. Ademáis o local é grande e etá nun sitio moi ben comunicado (no cruce entre Via Norte e Travesía de Vigo). 



Ademáis logo descubrin que no seu Instagram  van anunciando cada día que teñen de menú, así que é moi convinte, pois xa sabes que vai haber antes de ir! 

Fina Estampa

Por certo supoño que coñeces a famosa canción Fina Estampa de Chabuca Granda, non? Bueno, pois este bar chámase así pola canción (ainda que non me deu en escoitarlles que estivesen poñendo nunca a Chabuca na tele). O Fina Estampa está un pouco máis complicado de localizar porque se ben está a 100 metros de Urzaiz está nunha rua pequena e non tan transitada. Ademáis por fora (e por dentro) non di nada de que teña comida. Pero si sirven comida todos os días e tamén teñen pratos especiais na fin de semana. Neste caso tedes que entrar e preguntar.

Segundo me explicaron eles teñen un canal de Whatsapp no que indican que hai de menú, e tamén teñen cousas fora do menú por se a xente quere pedir. Sexa coma sexa non fai falla que vos apuntedes no grupo, só sabede que durante a semana hai menú do día. E ides ir a sorpresa. E se un día ides e non hai menú, pois sintoo!

Eu fun a comer 3 veces e probeilles a "chaufa de pollo", "sopa a la minuta" e un "pollo al sillao". As tres cousas con moi bó sabor e un toque moi caseiro. Sinxelo pero moi sabroso. E unha cousa que me impresionou as dúas veces son a súa salsa de aji (probei dúas diferentes) que tiña un saborazo xenial. É un sitio que a verdade teño apuntado para regresar máis veces, ainda que coma digo o problema é saber que van ter. Terei que apuntare a ese Wassap ou chamar antes de ir.

Fina Estampa
Rua Gonzalo Torrente Ballester, Rúa de Urzáiz, 6, 36204 Vigo
☎️623276294


Imperio Intenso

Pois a Imperio Intenso é ó que máis veces fun porque antigamente estaba moi perto da miña casa así que podía ir andando a xantar sen problema. Pero agora cambiou de local e está en Pizarro (máis perto dos outros restaurantes e por tanto do que eu chamei Pequena Lima). 

No Imperio Intenso teño probado da carta o "Ceviche Tradicional", o "Aeropuerto" e o "Tallarín Saltado". 

Pero ó que imos, en canto no menú probeilles a "sopa do día" e o "escabeche de pollo". Os dous gustáronme moito. 
O choio é que coma cambiou de local e no novo ainda non sei se van a ofrecer o menú do día... pois vou deixar a información do sitio, e xa completarei se podo ir de novo: