domingo, 4 de febrero de 2018

Restaurante Kero (Vigo): Peruano & máis alá

Non sei canto tempo leva aberto exactamente (porque pasei estes 3 anos máis tempo en México ca en Vigo) pero canda menos si lembro que levo máis de un ano vendo o restaurante Kero (que está pola zona de Montero Ríos-Plaza de Compostela). E xa lle tiña ganas. Pero non tiven ocasión (porque paro moi pouco tempo en Vigo e non daba topado tempo). 

Kero anunciase coma restaurante peruano, e certo é, porque o seu chef e creador é peruano. Pero Kero é algo máis ca un restaurante de cociña peruana,… coma ides ver pronto. 

Eu fun a probar o menú degustación (35€) e tamén pedín a opción de maridaxe (5 viños, 11€). Hai tamén menús máis curtos, e tamén se queredes podedes escoller na carta. Vamos, hai para todas as opcións. (De feito hai menús do día de 14€ e 19€) 


Eu sempre recomendo comezar co Pisco Sour. Xa sei que en España somos máis de tomar os cocteles coma dixestivos (ou sexa despois), pero eu coido que os sours son máis aperitivos así que vai perfecto para comenzar. 

A nota, importante, non fagades coma fixen eu de langrán: as dúas gotas de Angostura non hai que deixalas aí no medio, hai que remexer un pouco co cano para que quede un dibuxiño. Ha saberbos ainda mellor. 


Para ir petisqueando, unhas chips de platano feitas na casa, cun chisco de picante e varias especias. 


O aperitivo para ir facendo dente era una fusión galego-peruana: "patacones" (que non son patacas, son platano macho frito) con chourizo ceboleiro galego (a receta orixinal amazónica faise con cecina, e a cecina en Perú é de porco especiada con pementón, así que por iso semella o chourizo), con esas boliñas de guacamole. 


Máis fusión pero de outro tipo, peruana-xaponesa. Neste caso son gyozas de "sudado de pescado" cuberto con crema de langostino. Si, xa sei que o nome do sudado non vos presta, pero trátase dunha receta típica peruana algo semellante a unha caldeirada de peixe.

 

Xa estaredes pensando … ¿aquí non hai ceviche? Pois claro que sí. Neste caso, preparou un ceviche clásico, non tan clásico de lubina, que non lle faltaba nada: isto é, a lubina, o limón, a cebola morada, o boniato (as boliñas de puré laranxa), 2 tipos de millo, o blanco e o marelo fritro. Pero ademáis tiña un par de toques novedosos: había feito uns crocantes co pelexo da propia lubina e algas en tempura. Só por probar este ceviche tedes que pasar polo Kero. 


Champange francés coma parte da maridaxe.


Mar e montaña… e non teño 100% claro se esto é un plato típico peruano ou un invento de Juan: guiso de tendóns de ternreira con mexillóns. Mar e terra. Todo nun plato. Outro dos momentazos do menú.


Unha merluza cociñada a baixa temperatura, con puré de patata e salsiña de marisco. 

E xa pasamos ós postres:


Aquí temos varios merenges, xelados, cremas e doces. 


Outro dos imprescindibles é unha razón para ir a Kero: a súa versión do suspiro limeño. Neste caso é doce, ácido e refrescante (esa espuma de limón) e ten un chisco salgado no fondo de galleta. Tedes que probalo. E o mellor que teña probado nos varios restaurantes que teño ido (e estiven no de Gastón Acurio, e non é tan bó coma o de Kero). 


Pero gardade un pouco de sitio para o final, porque Juan fai uns "petit fours" abraiantes. Os de chocolate son de estes que te queres sacar os ollos do bó que está, a fruta glaseada esta tremenda. 

Moi, moi, recomendable.

E non só para curiosos pola cociña peruana. Estamos ante un restaurante dun cociñeiro peruano, pero que ten traballado moitos anos con grandes cociñeiros en España, así que tamén tedes a ocasión de probar da cociña e das técnicas máis modernas que poidades ver polo mundo (e sen necesidade de sair de Vigo).


No hay comentarios: