A actitude oposta é: repetir unha receita ó pe da letra, sen saber coma sabe o choio (tan só suposicións).
Esta é unha receita grega que pillei do fantástico Culinaria Grecia da editorial Konemann (indico a editorial e non o autor porque é unha colección con moi diversos autores e fotógrafos): un libro chulísimo para ver fotos, para coñecer cousas sobre a historia de Grecia (coma que a cociña das illas do Dodecaneso é case case Italiana).
[Publicidade subliminal, xa fixera outro post sobre comida grega, e neste caso si que era unha memoria do gusto, era a receta de Gemisa: pementos recheos de arroz]
Escollín unha receta chamada Rewithósuppa / Revithosoupa / Sopa de garbanzos, xusto na sección de cociña do Dodecaneso. Cando estiven en Grecia non probei o plato. Pero chamoume a atención porque usaba garbanzos, era 100% vexetariano e usabase o limón. Imaxinei que podería estar ben.
Os ingredientes son (textualmente):
500g de garbanzos
1 cucharadita de bicarbonato sódico
3 cebollas grandes
250 ml de aceite de oliva virgen
zumo de un limón
sal
pimienta negra molida
O día anterior remollanse os garbanzos en auga quente (eu usei auga quente do grifo, supoño que non fai falla que estivese fervendo). Ó día seguinte escurrense da auga, e mezclanse co bicarbonato (sen auga entendin eu), deixase un ratiño co bicarbonato e logo exaguanse con auga.
Poñense os garbanzos e as cebolas (non se di como pero eu cortei as cebolas en dadiños) nunha ola con auga. Deixase ferver, espumando o caldo (eu non son nada bo espumando). Logo baixase o lume e deixase facer tapado: 2 horas e media. Cando xa esté a punto de estar feita, engadir o aceite de oliva, a sal e a pementa. Deixar ferver de novo un rato. Logo cando se vai servir, engadir o zume de limón (non mentras esté no lume.O resultado foi algo así:
Engadín perexil picado no momento de tomala, e a verdade foi bóa idea porque lle deu un sabor fresco e pega bastante co limón.
O choio é que decepcionoume un pouco: era unha sopa de moito sabor, cun toque fresco polo limón, pero é así o orixinal? Non deixa de ser un plato interesante para facer unha pausa carnívora, ou para amantes do garbanzo (eu). Pero non sei, non me convence nada esto de cociñar sen saber a onde ten que chegar un.
Receta alternativa da sopa en inglés:
Versión moi suigeneris cos mesmos ingredientes:
(En serio, na foto do libro o garbanzo non está feito crema, na receita en inglés tampouco, e se buscades Revithosoupa en Google Images tampouco sae en puré, pero todas as versións en castelán de esta receta convirtena en crema)