miércoles, 18 de diciembre de 2024

Polvoróns (e Mantecados) a eito!

 Pois por estas datas é bastante habitual que a xente poña a rosmar sobre o que lle gusta e non lle gusta das comidas do Nadal. E é bastante xeralizado escoitar á xente que non lle gustan nada os polvoróns.

Pois hai (algunha) xente á que lle gusta (moito) os polvoróns/mantecados! 😝 Coma a meu afillado que vive en París. Así que dende o ano pasado como non pode vir polo Nadal, pois fagolle chegar unha caixa con polvoróns ou mantecados.

Pero coma son así de teimudo, pois non envío un só tipo se non de varios fabricantes, para que compare e para que cada rillada sexa diferente.

Este ano o envío levaba:


Os Felipe II (Vitoria), Que son brancos e teñen a amendoa moi fina. E seica todos os anos esgótanse a pesar de ser ben caros.


Dende o sur, os El Patriarca veñen de Estepa (Sevilla) e son outro choio, de canela e con ajonjolí.

E desde Jijona unha marca non tan extendida pero con moito nivel: La turronería. Aqui xa non son redondos e volvemos a ter amendoa, pero xa un pouco máis grauda (nótase ó comer).

Os Toro son de Tordesillas, e son un tanto máis cativos, pero ... veñen a representar a tradición de Castela. Estes son outra vez brancos e de miolo fino.

E para rematar os da Abuela Asunción que teñen o choio de que van nun celofán onde non se ve ben o nome. Neste caso ves clarísimo que son feitos a man ,e nen teñen forma de disco nen alongada. Son coma boliñas. E dentro de cada bóa hai 2 amendoas enteiras!

Bueno pois os polvoróns istes xa están en París. E ca cousa curiosa, que eu cando entreguei a caixa dixen que levaba polvoróns, pero a rapaza de correos puxo "decoraciones navideñas". 🤷‍♀️ Pero coma vedes os paquetes pasan por raios X, e alguén en Madrid xa corrixiu que que ían polvoróns. Chegar chegaron.

E para rematar, sempre me fixo moita gracia, que unha das marcas que compiten con Felipe II son os de Carlos I (Sevilla). Neste caso é curioso porque estas dúas marcas si que teñen mantecados moi parecidos en textura e sabor!

E para rematar, alguén preguntará ¿cal de todos estes é o meu polvorón favorito? Pois nengún de estes. O que máis me gusta é un de Navarra que fan os de Antonio Anaut, que son abraiantemente brancos e que teñen un sabor intensísimo a canela. Bruutal! A putada é que na tenda que mercara os Antonio Anaut, este ano non ós trouxeron Certo é que o ano pasado non os acabaran, pero eu fora e mercara todos os que quedaban! Este ano estiven esperando a ver se os traían pero agora xa estamos a mediados de Decembro e xa non teño. Para o ano que ven teño que ver de encargalos online ou algo así, porque francamente coido que son uns polvoróns moi especiais.


lunes, 9 de diciembre de 2024

Festa do Pan da Baixa Limia en Pereira (Bande)

Pois este 2024 xa a perdechedes, pero para o ano que ven, pois lembrade que en Decembro (coido lembrar que sempre aproveitan estas datas), no primeiro fin de semana tedes a celebración da:


Festa Do Pan da Baixa Limia.

Instagram: https://www.instagram.com/acpereira_adiante/

 Que bueno, para explicar en que consiste a festa, o que fan é prender o forno comunal de A Pereira (que agora xa non se usa porque a xente xa non fai pan para a casa, e a aldea perdeu poboación e tal). E preparan fromento de pan de millo e pan de centeo (en A Pereira a tradición eran estes pans, non se cultivaba trigo). E bueno, os visitantes podedes achegarvos ó forno e podedes ir vendo coma van enfornando.

 Este pan poderase probar logo na festa, e sobre todo podedes mercar para levar a casa. 

E logo tamén coma actividades hai banda de gaitas e montan unha baiuca onde os visitantes podedes pedir bebidas (cervexas, viño, licor café, de herbas e tal). E ahí pois podese bailar, falar cos visitantes e pasar o rato.

E finalmente ó mediodía faise unha degustación de comida preparada no forno. Hai empanadas, pan, e varios tipos de doces (bicas de millo e de castañas por exemplo).

Deixovos aquí un pequeno video resumo que fixen da festa no 2024:


viernes, 6 de diciembre de 2024

Mercar peixe e marisco online: funciona ben?

 Se tes curiosidade coma é e que tal funciona o de mercar marisco online... pois contoche eu.

Eu inicialmente non tiña pensado dicir moito do tema, só poñer as fotos das ostras e do viño e fiesta! Pero logo pensei que se cadra hai moita xente que non topa algunhas cousas na pescaderia ou vive nun sitio sen ela... e anda a pensar coma safar.

Pois bueno, a min pasame un pouco de iso. Se ben Galicia é productora de ostras, non sempre é facil topalas nas pescaderías, ou non quero facer X kilómetros para ir dar a algún sitio que os teña.

Non sei se lembrades cando estabamos na primeira post-pandemia e non podías sair do concello e eu tiña antoxo de ostras para aninovo, e entón encarguei por Internet. E coma aquilo funcionou moi ben apuntei para se me facía falla pedir máis veces.



Deixo aquí as fotos paa que vexades un pouco coma pode ser o producto: eu pedín ostras planas pequenas (eu prefiro moitas ostras pequenas ca poucas grandes, e se ben adoro a rizada, a plana é algo que non abunda tanto e case nunca me poñen nos restaurantes así que sempre ando con gana de elas).

Eu aquí falovos de ostras, pero nas webs venden máis ben marisco, outros tipos de cunchas e tamén peixe fresco. De feito probablemente vendan moito máis deso. O envío,os prezos e o de que veña todo fresco aplica para o outro coma para as miñas ostras.


Das vosas preguntas:

- o marisco é bó? pois eu coido que exelente, sempre me viñeron de primeira, ben vivos.

- está ben de prezo? pois así segundo vexades, na páxina web indicanche o prezo e ti decides se che parece ben ou non

- e canto custa o envío? pois mira, ainda que as veces poñen un aprox de 20€, en realidade coma o envio e dentro de Galicia a min saeme por 5€, que me encaixa ben

- e tarda ben pouco, encargalas e chegan á maña seguinte. Ademáis ecolles ti o día de maneira anticipada non tes que mercar o venres para a fin de semana, encargalas ó martes e eles apuntan o pedido e conseguenchas para o venres e mandancho para que as teñas o sábado.

E bueno coma o choio non era informativo e nada promocional, pois non dixen onde merquei. Pero ben se be na caixa que son os de Sal y Laurel.  😂

Hai varias outras empresas e opcións en Galicia (de feito eu merquei tamén de outra, moi ben, pero vese que deixou o negocio). Pero claro, eu só podo recomendar a que coñezo. 

Ah, en canto ó viño, pois era un espumante de alvarinho que fan en Melgaço, de Quinta das Alvaianas. Que traballan en producción biolóxica en todas as súas viñas. E preparan por un lado un alvarinho, pero tamén elaboran un espumante polo método champanois. 


Ah, e non menos fardar un pouco co enfriador chulísimo de sardiñas, tamén Portugués. Mercado en Valença.