Eu fixeno 2 anos (un de eles foi frustrado porque quedei durmido esperando que abriran A Pedra), e a verdade pereceme unha tradición interesante, porque coido que as ostras é algo que pega moi ben ca resaca (de todas formas non é boa idea gastar os cartos en tomar ostras cando estás moi perxudicado porque non o vas a apreciar e as ostras son ben caras, mellor vai polo chocolate).
Bueno,
pois este ano decidín que ía recibir o 2021 con ostras, pero non podía
(nen quería) ir por A Pedra. Descubrín que en Galicia temos un proveedor
de ostras de primeira: @abocaostras
Encargalas en entreganchas na casa.
Eu tiña un pouco de medo porque nunca me puxera a abrir ostras e pensaba que sería díficil. Facil, facil non é ... pero se te informas ben coma facer para abrilo e pos coidado non te mancas e non estropeas as ostras. Coido que o fixen bastante ben.
Se mirades as miñas ostras observaredes que fixen 6 ó natural e outras 6 levan unha salsa.
Esta salsa que fixen vai en tributo a México, onde vivín moitos anos. Alí é moi habitual que fagan as ostras (ostiones rasurados) con vexetais picados e salsas. Así que preparei unha salsiña con chiles que tiña na casa e alá foron (quedaron picosos a eito, e a verdade costoume un pouco tomalos, pero mira, non foi mala cousa porque espertei).
Calqueira das dúas opcións, excelentes. As ostras fresquisimas e sabrosas...
Oes e xa casi paso por alto a maridaxe. As ostras ca súa salinidade e mineralidade chaman por un viño mineral e salino ... e recomendáronme (en Vidi, na rúa Miñoca) A Pedreira 2019 de Fulcro ... que xa polo nome medio dí... que é un albariño moi granítico e salino. Estivo excelente a recomendación.